dcsimg

Nébeda ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

A nébeda (Calamintha nepeta (L.) Savi 1798) é unha especie botánica herbácea perenne. É un membro da familia das mentas, e é usada en Galicia para cocer coas castañas e facelas máis dixestíbeis. Tamén é común na cociña italiana onde lle chaman mentuccia, nipitella or nepitella. En galego tamén recibe como nomes calaminta e a variante néboda.

Distribución

É nativa do norte de África (Alxeria, Marrocos, Tunisia); oeste asiáico: (Turquía), Cáucaso (Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, Rusia, Ciscaucasia, Daxestan); Europa: Reino Unido, Austria, Hungría, Suíza, Moldavia, Ucraína [incl. Crimea], Albania, Bulgaria; Grecia [incl. Creta]; Italia [incl. Sardeña, Sicilia]; Iugoslavia, Francia [incl. Córsega]; España [incl. Baleares, Portugal. Tamén aparece en Galiza.)

Hábitat

Medra en bosques pouco mestos, sebes e lugares incultos, ao pé dos valados e muros.

Descrición

É unha herba perenne, fanerógama da familia das labiadas, vivaz, moi ramificada, de 40 a 80 cm de altura, coas follas opostas, as flores brancas ou purpúreas reunidas nunha inflorescencia espiciforme e cun cheiro agradable e intenso.

Subespecies

  • Satureja calamintha glandulosa: baixo cecemento, moi recendente, sur de Europa e Gran Bretaña
  • Satureja calamintha officinalis: perenne, con cheiro a menta, de centro e sur de Europa [1]

Usos

Planta ornamental, e medicinal. Úsase para a cocedura das castañas xunto a outras herbas como o fiúncho. Os seus compostos químicos son mentol, pulegona e piperitona.[2]

Propiedades

Principios activos: A esencia contén até o 57% de pulegona, l-mentona y l-alfa-pineno.[1]

Indicacións: é tónico, estomacal, sudorífico, carminativo, antiespasmódico, expectorante, adstrinxente, emenagogo.[1]

Cocemento: Unha chisca de follas nunha cunca de auga a ferver.

Sinonimia

Notas

  1. 1,0 1,1 Dr. Berdonces I Serra. Satureja calamintha. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). p. 245. ISBN 84-305-8496-X.
  2. Sinónimos en Real Jardín Botánico

Véxase tamén

Bibliografía

  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Nébeda: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

A nébeda (Calamintha nepeta (L.) Savi 1798) é unha especie botánica herbácea perenne. É un membro da familia das mentas, e é usada en Galicia para cocer coas castañas e facelas máis dixestíbeis. Tamén é común na cociña italiana onde lle chaman mentuccia, nipitella or nepitella. En galego tamén recibe como nomes calaminta e a variante néboda.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia