dcsimg

Felis bieti ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Felis bieti é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.[1][2][3]

É un pequeno felino que vive no oeste da China, concretamente no Tíbet, Qinghai, Gansu e Sichuan.

Características

Trátase dun animal similar ao gato montés europeo (Felis silvestris silvestris), con que comparte tamaño (80 cm de longo, máis 35 cm de cola), pero do que se pode diferenciar facilmente pola cor da pel. A pelaxe é bastante longa e de cor aren en todo o corpo, tornándose abrancazada no ventre. Sobre esta capa de fondo superpóñense aneis de cor escura nas patas e a cola, unha franxa escura ao longo do lombo, e raias verticais más pálidas no corpo, que son difíciles de ver de loxe. O extremo das orellas presenta un pincel de pelos negros que recorda vagamente ao do caracal, o gato dos pantanos ou os linces, pero moito máis curto.

Bioloxía e ecoloxía

O seu hábitat característico son as áreas secas poboadas de matorral e árbores dispersas, pero nunca auténticos desertos (a pesar de iun dos sus nomes vulgres). Estes animais son fundamentalmente nocturnos e aliméntane de roedores, picas e aves pequenas. A pesar de encontrarse protexido gobernamentalmente en China, moitos individuos morrren debido ao envelenamento sistemático das picas, a súa principal presa.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1892 polo médico e zoólogo francés Henri Milne-Edwards nun traballo publicado na Rev. Gen. Sci. Pures Appl., 3: 671.[2]

Etimoloxía

Para o xénero, véxase Felis.

O epíteto específico, bieti, deullo Milne-Edwards na honra de Félix Biet, misioneiro e naturalista francés.

Sinónimos

Ademais de polo nome que lle impuxo Milne-Edwards, e actualmente coniderado válido pola maioría dos autores, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

  • Felis pallida Büchner, 1892.[2]
  • Felis subpallida Jacobi, 1923.[2]
  • Felis silvestris bieti (Milne-Edwards, 1892).[4]

Nomes vulgares

Nos principais idiomas moerno a especie coñécese polos nomes de gato chinés do deserto, gato montés chinés e gato de Biet, coas adaptacións correspondentes ás diferentes linguas.

Controversia taxonómica

En 2007 un estudo de ADN relizado por Driscoll e colboradores mostrou que simplemente existía un grao de diferenza xenética do tipo de subespecie con Felis silvestris, polo que propuxeron a súa inclusón dentro desta especie como Felis silvestris bieti.[4]

Porén, desde 2017 de novo é recoñecida como unha especie válida, a que é morfoloxicamente distinta dos gatos monteses.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Riordan, P., Sanderson, J., Bao, W., Abdukadir, A. & Shi, K. (2015): Felis bieti] na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 14 de decembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Felis bieti Milne-Edwards, 1892 en MSW.
  3. Felis bieti Milne-Edwards, 1892 no ITIS.
  4. 4,0 4,1 Driscoll, C. A.; Menotti-Raymond, M.; Roca, A. L.; Hupe, K.; Johnson, W. E.; Geffen, E.; Harley, E. H.; Delibes, M.; Pontier, D.; Kitchener, A. C.; Yamaguchi, N.; O'Brien, S. J. & Macdonald, D. W. (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519-523. Consultada o 14 de decembro de 2018.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Felis bieti: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

Felis bieti é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.

É un pequeno felino que vive no oeste da China, concretamente no Tíbet, Qinghai, Gansu e Sichuan.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia