dcsimg

Tenrécidos ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A dos tenrécidos (Tenrecidae) é unha familia de mamíferos placentarios afrosorícidos,[2] a única da suborde dos tenrecomorfos (Tenrecomorpha).[3]

A familia está constituída por mamíferos fundamentalmente insectívoros de tamaño relativamente grande, e caracterizados por teren un fociño máis ou menos longo e afiado que utilizan para desenterrar vermes e insectos do solo (son omnívoros). Hai hoxe unhas trinta especies de tenrécidos, moi diversos en aspecto e costumes, os máis deles endémicos de Madagascar, aínda que algús se atopan tamén nalgunhas partes do continente africano.[4]

A explicación de que as formas e os costumes dos tenrécidos sexan tan diversas é o resultado dunha evolución converxente, e por iso algúns se parecen aos ourizos cachos, ou ás musarañas, ás sarigüeias, aos ratos e até ás londras, ocupando ambientes acuáticos, arborícolas, terrestres e subterráneos (escavadores).

O lugar dos tenrécidos na taxonomía está actualmente aínda baixo discusión, xa que algúns autores aínda a inclúen dentro da orde dos Insectivora,[4] hoxe obsoleta, pero a maioría clasifícana na nova orde dos Afrosoricida.[2] Aínda que poidan parecerse ás musarañas, os ourizos ou as nutrias, non están estreitamente relacionados con calquera destes grupos, e os seus parentes máis próximos son outros mamíferos insectívoros africanos, como as toupas douradas e as musarañas elefante. O antepasado común destes animais, xunto cos dos porco formigueiro, os damáns, os elefantes e os manatís e o dugongo, non foi recoñecido até a década dee 1990, cando se reuniron no grupo dos Afrotheria.[5]

A familia divídese en catro subfamilias, atendendo á súa gran diversidade: Geogalinae, Oryzorictinae, Potamogalinae e Tenrecinae. Os Tenrecinae, versión malgaxe dos ourizos cachos, e os Oryzorictinae, variante das musarañas e as toupas, son os dous principais grupos.[6]

Cartacterísticas

As principais características dos tenrécidos son as de careceren de arco zigomático e de cego. A súa dentición é zalambdodonte ou parcialmente dilambodonte. Algunhas especies están adaptadas á vida anfibia ou á subtrerránea. Utlizan a ecolocación para a orientación no espazo.[4] Rexistráronse formas es desde o mioceno temperán.[1][4]

O tamaño dos tenrécidos oscila entre o das musarañas dos máis pequenos, cunha lonxitude corporal de ao redor de 4,5 cm e un peso de tan só 5 g, e o da especie máis grande, o tenrec común ou tenrec sen cola (Tenrec ecaudatus), que pode medir de 25 a 39 cm de lonxitud e pode pesar máis de 1 kg.[7]

Inusualmente entre os mamíferos placentarios, o ano e o tracto uro-xenital do tenrecs comparte unha abertura común, ou cloaca, unha característica máis común nas aves, os réptiles e o anfibios. Ademais, teñen unha temperatura corporal baixa, de xeito que non necesitan un escroto que arrefríe o seu esperma como noutros mamíferos.[7]

Taxonomía

Descricións dos taxons

Suborde

A suborde dos Tenrecomorpha foi establecida en 1972 por Butler.[3]

Incluída na suborde dos Soricomorpha dos Lipotyphla por Butler (1988) e por MacPhee e Novacek (1993).
McKenna e Bell (1997) usaron oe nome Tenrecoidea (atribuído incorrectmnte a Gray, 1821) como unha superfamilia, coa nota «proposto como suborde coordinado con Erinaceomorpha, Soricomorpha e Chrysochlorida»; porén, o uso deste nome é inadecuado.[3]

Familia

A familia dos Tenrecidae fora xa descrita en 1821 polo naturalista inglés John Edward Gray, en London Med. Repos. Rec., 15: 301.[2]

Etimoloxías

Nome científico

Os nomes científicos, tanto Tenrecomorpha como Tenrecidae están formados sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Tenrecus Desmarest, 1820 (actualmente o considerado válido é Tenrec Lacépède, 1799), coa adición das desinencias do latín científico -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", e ´-idae, derivada da do grego antigo -ίδες -ídes, de είδοσ eídos, "aparencia" "aspecto".

Pola súa parte, o nome Tenrecus deriva do termo francés tenrec, que o incorporou contra 1720-30 adaptando o termo malgaxe tàndraka ou tràndraka (tamén coas variantes tanrac e tandrec). E do francés pasou ás outras linguas europeas (ao inglés, xa no mesmo século XVIII).[8][9][10][11][12][13]

Clasificación

A familia dos tenrécidos subdivídese en catro subfamilias, con 10 xéneros e 31 especies.[14]

Familia Tenrecidae

Notas

  1. 1,0 1,1 Savage, R. J. G. & Long, M. R. (1986): Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-1194-X.
  2. 2,0 2,1 2,2 Tenrecidae en MSW.
  3. 3,0 3,1 3,2 Tenrecomorpha en MSW.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Kowalsky, K. (1981), pp. 283.
  5. Stanhope, M. J.; Waddell, V. G.; Madsen, O.; de Jong, W.; Hedges, S. B.; Cleven, G. C.; Kao, D. & Springer, M. S. (1998): "Molecular evidence for multiple origins of Insectivora and for a new order of endemic African insectivore mammals". PNAS 95 (17): 9967–72.
  6. Michel Signoli et al. (2007): Peste: entre épidemies et sociétés. Firenze: Firenze University Press. ISBN 978-88-8453-490-3.
  7. 7,0 7,1 Nicholl, Martin (1984): en Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York: Facts on File. ISBN 0-87196-871-1, pp. 744–747.
  8. tenrec, no Collins Concise English Dictionary.
  9. Etymology of the French word tenrec en MyEtymology.
  10. Word Tenrec Origin Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine. en explainwords.com
  11. Etymology: French, from Malagasy tàndraka. Date: circa 1785 any of numerous small often spiny mammalian insectivores (family Tenrecidae) chiefly of Madagascar, en Merriam Webster English Dictionary.
  12. Malagasy tàndraka; en francés tenrec (Bernard Germain de Lacépède, 1799) Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine., en Animalia. Etymology of animal names.
  13. tanrec, tenrec, en Buffon (1764): Hist. nat., t. 12, p. 438: le tanrec et le tendrac). De tandraka, var. dial. de trandraka, nome malg. de cet animal en Le Trésor de la Langue Frnaçaise informatisé.
  14. Bronner, G. N. & Jenkins, P. D. (2005): "Order Afrosoricida". En Wilson & Reeder, eds. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3rd ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press, pp. 72–77. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Tenrécidos: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A dos tenrécidos (Tenrecidae) é unha familia de mamíferos placentarios afrosorícidos, a única da suborde dos tenrecomorfos (Tenrecomorpha).

A familia está constituída por mamíferos fundamentalmente insectívoros de tamaño relativamente grande, e caracterizados por teren un fociño máis ou menos longo e afiado que utilizan para desenterrar vermes e insectos do solo (son omnívoros). Hai hoxe unhas trinta especies de tenrécidos, moi diversos en aspecto e costumes, os máis deles endémicos de Madagascar, aínda que algús se atopan tamén nalgunhas partes do continente africano.

A explicación de que as formas e os costumes dos tenrécidos sexan tan diversas é o resultado dunha evolución converxente, e por iso algúns se parecen aos ourizos cachos, ou ás musarañas, ás sarigüeias, aos ratos e até ás londras, ocupando ambientes acuáticos, arborícolas, terrestres e subterráneos (escavadores).

O lugar dos tenrécidos na taxonomía está actualmente aínda baixo discusión, xa que algúns autores aínda a inclúen dentro da orde dos Insectivora, hoxe obsoleta, pero a maioría clasifícana na nova orde dos Afrosoricida. Aínda que poidan parecerse ás musarañas, os ourizos ou as nutrias, non están estreitamente relacionados con calquera destes grupos, e os seus parentes máis próximos son outros mamíferos insectívoros africanos, como as toupas douradas e as musarañas elefante. O antepasado común destes animais, xunto cos dos porco formigueiro, os damáns, os elefantes e os manatís e o dugongo, non foi recoñecido até a década dee 1990, cando se reuniron no grupo dos Afrotheria.

A familia divídese en catro subfamilias, atendendo á súa gran diversidade: Geogalinae, Oryzorictinae, Potamogalinae e Tenrecinae. Os Tenrecinae, versión malgaxe dos ourizos cachos, e os Oryzorictinae, variante das musarañas e as toupas, son os dous principais grupos.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician