Lasiorhinus latifrons é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos,[1] unha das dúas que integran na actualidade o xénero Lasiorhinus],[2] coñecido na bibliografía internacional como uombat de fociño peludo do sur.
Ao contrario que o seu conxénere, Lasiorhinus krefftii, que está ao bordo da extinción, o seu status actual é pouco preocupante.
A especie foi descrita en 1845 polo biólogo inglés Richard Owen en Proc. Zool. Soc. Lond., 1845: 82.[1]
O nome do xénero, Lasiorhinus está formado polos elementos do latín científico lasio-, tirado do grego antigo λάσιος lásios, 'peludo' e -rhinus, derivado do grego antigo ῥίς ῥινός rhís, rhinós, 'nariz'. Literalmente: 'os do nariz peludo'.[3]
En canto ao nome específico, latifrons, está formado polos elementos do latín científico lati-, raíz do adxectivo latino lātus, -a, -um, 'ancho', e o termo latino frons, frontis, 'a fronte'. Literalmente: 'o de fronte ancha'.
Segundo o Mammal Species of the World, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]
O status do uombat de fociño peludo do sur, que está amplamente distribuído no sur de Australia do Sur, ao oeste do río Murray, e parcialmente distribuído nas penínsulas de Cabo York e de Eyre, e que tamén está presente na chaira de Nullarbor en Australia Occidental, e que ten dúas pequenas colonias en Nova Gales do Sur é cualificado pola UICN como LC (pouco preocupante), debido a que a súa área de dispersión expandiuse nos últimos 45 anos, e aínda que hai brotes esporádicos de sarna sarcóptica, que sofre a competencia dos herbívoros introducidos, é susceptíbel á seca, e a súa poboación está moi fragmentada en partes da súa área de dispersión, a especie ten una distribución ampla, a súa poboación é grande, encóntrase nun bo número de áreas protexidas, polo que non é probábel que a diminución dos seus efectivos alcance a velocidade necesaria como para cualificala nunha categoría ameazada.[4]
Lasiorhinus latifrons é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos, unha das dúas que integran na actualidade o xénero Lasiorhinus], coñecido na bibliografía internacional como uombat de fociño peludo do sur.
Ao contrario que o seu conxénere, Lasiorhinus krefftii, que está ao bordo da extinción, o seu status actual é pouco preocupante.