A dos pectinoideos (Pectinoidea) é unha superfamilia de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos e a suborde dos pectininos.[1]
A superfamilia inclúe as vieiras e as chamadas na bibliografía internacional ostras espiñentas.
A superfamilia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz,[1] na súa obra Analyse de la Nature ou tableau de l'univers et des corps organisés, editada en Palermo.
Ademais de polo nome actualmente válido, a superfamilia coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
Na actualidade (2020) recoñécense na superfamilia as tres familias seguintes:[1]
Todos os membros desta superfamilia teñen un resilium, a parte interna do ligamento da charneira da cuncha dos bivalvos, que se asemella en consistencia e a miúdo se describe como unha cartilaxe, e que non está mineralizado (de feito é quitinoso).[3]
Chlamys nobilis
(pectínido)
Pecten jacobaeus
(pectínido)
Propeamussium inversum
(propeausíido)
Spondylus americanus
(espondílido)
Spondylus varius
(espondílido)
A dos pectinoideos (Pectinoidea) é unha superfamilia de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos e a suborde dos pectininos.
A superfamilia inclúe as vieiras e as chamadas na bibliografía internacional ostras espiñentas.