O Zonotrichia capensis é unha especie de ave neotropical, do xénero Zonotrichia. É semellante á especie do pardal común, distinguíndose por posuír un copete con raias negras e unha figura menos rotunda.
Acada entre 14 e 15 cm de longo. O peteiro é curto e recto, duns 15 mm. Amosa a coroa e a cara agrisadas, cunha banda negra. A gorxa é branca, cun visible colar na caluga de cor canela ou castaña. O ventre e o peito son pardo claro ou esbrancuxados, con reflexos máis escuros e os costados agrisados. O dorso é tamén pardo, manchado de negro, coas ás e a cola de ton máis escuro. Os xuvenís teñen plumaxe máis uniforme, con xaspeado máis escuro no peito.
As patas están ben adaptadas ó seu hábito arborícola. Amosa tres dedos orientados cara a adiante e un cara a atrás.