A orde Suliformes (denominada "Phalacrocoraciformes" por Christidis & Boles 2008) é unha orde proposta polo IOC, que actualmente inclúe os corvos mariños, os mascatos e as Anhinga.[1] Tendo en conta as evidencias recentes de que o grupo tradicional dos Pelecaniformes é polifilético,[2] suxeriuse que o grupo sexa dividido para reflectir as súas verdadeiras relacións evolutivas.
Das familias que formaban antes parte de Pelecaniformes só permanecen nese grupo Pelecanidae, Balaenicipitidae, e Scopidae. A familia Phaethontidae foi separada e clasificada nunha orde propia, Phaethontiformes. As análises xenéticas parecen indicar que Pelecaniformes está en realidade estreitamente emparentado con Ardeidae e Threskiornithidae. En canto aos Suliformes, estes están distantemente relacionados cos actuais Pelecaniformes.[3] Segundo Hackett et al. (2008), as mobellas, pingüíns, cegoñas, e tamén os Suliformes e Pelecaniformes, parece que evolucionaron todos dun antepasado común. Suxeriuse para eles un superorde, o das aves acuáticas superiores.[4]
No traballo fundamental do ano 2008 Systematics and Taxonomy of Australian Birds (Sistemática e Taxonomía das Aves Australianas), os ornitólogos australianos Les Christidis e Walter E. Boles acuñaron o nome Phalacrocoraciformes para o grupo debido a que hai un número moito maior de especies de corvos mariños (Phalacrocoracidae) que de mascatos (Sulidae).[5] Porén, esta denominación non foi adoptada polos demais ornitólogos.
En 1994, o ornitólogo norteamericano Walter J. Bock escribiu que o nome Suloidea fora utilizado de forma consistente como termo para unha superfamilia que contiña as dúas familias, e, por tanto, "Sulidae" e non "Phalacrocoracidae" debería de ter prioridade en calquera clasificación que contivese os dous xéneros.[6]
En 2010, a American Ornithologists' Union (AOU) adoptou o termo Suliformes para o taxon.[7] A esta seguiuna o International Ornithological Congress (IOC) en 2011.[8]
En 1994, Martyn Kennedy e colegas construíron un conxunto de datos de comportamentos, e a árbore resultante que mostrabas un alto nivel de congruencia coas filoxenias existentes baseadas na xenética ou morfoloxía. Mostraba que os Anhinga eran un grupo irmán dos corvos mariños, mascatos, e pelicanos, despois estaban relacionados coas fragatas e finalmente cos faetóntidos como ramificacións temperáns progresivas.[9]
SuliformesCladograma baseado en Gibb, C.G. et al. (2013)[10]
A orde Suliformes (denominada "Phalacrocoraciformes" por Christidis & Boles 2008) é unha orde proposta polo IOC, que actualmente inclúe os corvos mariños, os mascatos e as Anhinga. Tendo en conta as evidencias recentes de que o grupo tradicional dos Pelecaniformes é polifilético, suxeriuse que o grupo sexa dividido para reflectir as súas verdadeiras relacións evolutivas.