Mimosa é un xénero que inclúe plantas herbáceas, arbustos, e árbores, dentro da subfamilia das Mimosóideas das Leguminosas. A especie máis curiosa do xénero é Mimosa pudica, coñecida simplemente como mimosa (non confundir coa Acacia dealbata) ou sensitiva, debido ao xeito no que move a súa follaxe ao ser tocada ou exposta á calor; mais hai moitas outras especies que tamén o fan á tardiña.
O xénero distribúese desde o sur de México, até o Uruguai e a Arxentina, pasando por América Central, e é amplamente usado como ornamental, tanto en interiores como en áreas tépedas, e en exteriores nos trópicos. O seu cultivo fíxoa unha maleza invadindo moitas áreas, notabelmente en Hawai.
Os membros deste xénero atópanse entre as poucas plantas capaces de executaren o movemento rápido; os exemplos fóra de Mimosa inclúen Codariocalyx Hassk., e tamén Dionaea Ellis (coñecida coma dionea papamoscas). Mimosa pode distinguirse dun amplo xénero relacionado, Acacia e Albizia, posto que as súas flores teñen 10 ou menos estames. Nótese que, botanicamente, o que parece ser unha soa flor globosa é de feito un acio de moitos outros individuos.
O xénero Mimosa ten unha historia torta e complxa, tendo períodos de subdivisións e de reagrupamentos, ultimamente acumulando máis de 3.000 nomes, moitos dos cales se sinonimizan baixo outras especies ou son transferidos a outros xéneros. En parte por mor deses cambios de circunscricións, o nome "Mimosa" aplicouse a varias outras especies vinculadas con follas semellantes pinnadas ou bipinnadas, mais agora clasificadas noutros xéneros, como en Albizia e Acacia.
Mimosa foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 516–523. 1753.[1] A especie tipo é: Mimosa sensitiva L.
Hai ao redor de 400 especies incluíndo:
En Rusia, Italia e outros países é costume agasalla ás mulleres, mimosas amarelas (xunto a outras flores) no día Internacional da muller (8 de marzo). Esa flor é de Acacia dealbata (a chamada comunmente mimosa en Galiza), que non é unha verdadeira Mimosa.
É amplamente usada en perfumaría, a extracción da súa esencia con éter de petróleo efectúase directamente a partir das flores apañadas.
La Forêt de Mimosas é unha obra cantada en francés por Kirsty MacColl que se trata dunha muller asasinada polo seu amante nunha foresta de mimosas.
A planta pode acharse en moitas partes de Bengala, onde se coñece como lajjabati (literalmente muller avergoñada).
Mimosa é un xénero que inclúe plantas herbáceas, arbustos, e árbores, dentro da subfamilia das Mimosóideas das Leguminosas. A especie máis curiosa do xénero é Mimosa pudica, coñecida simplemente como mimosa (non confundir coa Acacia dealbata) ou sensitiva, debido ao xeito no que move a súa follaxe ao ser tocada ou exposta á calor; mais hai moitas outras especies que tamén o fan á tardiña.