Sipuncula
Clasificación científica Reino: Animalia Subreino: Eumetazoa Superfilo: Lophotrochozoa Filo: Sipuncula Clases, Ordes e FamiliasOs Sipúnculos (Sipuncula ou pequeno tubo) son un grupo de animais mariños que presentan simetría bilateral, son protóstomos, celomados non segmentados e sedentarios. Posúen unha forma alongada na que se diferencian dúas partes: a trompa e o tronco.
Adoitan vivir enterrados na area ou na lama, ou ben ocupan calquera espazo no que colla o seu corpo como unha fendedura dunha rocha, un tubo ou unha cuncha doutro animal.
Estes animais, aínda que non son moi abundantes, están moi estendidos: dende mares cálidos a polares, dende zonas superficiais a abisais, e actualmente coñécense unhas 320 especies [1]. O seu tamaño oscila entre os 2 mm e os 50 cm.
As principais características deste Filo son as seguintes:
Os Sipúnculos (Sipuncula ou pequeno tubo) son un grupo de animais mariños que presentan simetría bilateral, son protóstomos, celomados non segmentados e sedentarios. Posúen unha forma alongada na que se diferencian dúas partes: a trompa e o tronco.
Adoitan vivir enterrados na area ou na lama, ou ben ocupan calquera espazo no que colla o seu corpo como unha fendedura dunha rocha, un tubo ou unha cuncha doutro animal.
Estes animais, aínda que non son moi abundantes, están moi estendidos: dende mares cálidos a polares, dende zonas superficiais a abisais, e actualmente coñécense unhas 320 especies . O seu tamaño oscila entre os 2 mm e os 50 cm.