Os Aploquéilidos (Aplocheilidae, Bleeker 1860), ou almirantes, son unha familia de peixes maioritariamente de auga doce, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (Cyiprinodontiformes).
A distribución xeográfica comprende África, sueste de Asia, sueste de Norteamérica e Sudamérica, en auga doce aínda que algunhas especies toleran a salinidade. Algunhas especies son moi usadas como animais de acuario, polas brillantes cores e fermosas aletas.
Son peixes pequenos, duns 5 cm de lonxitude. Teñen unha pequena separación entre a base das aletas pelvianas.
A taxonomía desta familia é obxecto de discusión. Seguindo a FishBase [1] divídese en tres xéneros e 15 especies:
Os Aploquéilidos (Aplocheilidae, Bleeker 1860), ou almirantes, son unha familia de peixes maioritariamente de auga doce, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (Cyiprinodontiformes).