A dos macrúridos (Macrouridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gadiformes,[1][2] que son coñecidos vulgarmente como granadeiros, peixes rato ou ratos.[3][4]
Encóntranse entre os peixes máis comúns das zonas abisais e están presentes en todos os oceános do mundo.[5]
A familia foi descrita en 1916 polos ictiólogos estadounidenses Charles Henry Gilbert e Carl Leavitt Hubbs.[1] Porén, algúns autores atribúenlle dita descrición, en 1831, ao naturalista francés Charles Lucien Bonaparte,[2] e outros aos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e Barton Warren Evermann, en 1898.[6]
O nome científico da familia, Macrouridae, está formado polos elementos do VCI macro- e -ur-, tirados do grego antigo μακρός makrós, "grande", e οὐρά ourá, "cola",[7] coa desinencia -idae, "semellantes", plural de -ideus e derivada do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, "aspecto", "aparencia", propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os de cola grande".
A familia conta con numerosos xéneros con cerca de 400 especies, distibuídas en catro subfamilias:[1][2]
Familia Macrouridae Gilbert & Hubbs, 1916
En augas galegas están rexistradas, entre outras, as cinco especies seguintes:[3]
A dos macrúridos (Macrouridae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gadiformes, que son coñecidos vulgarmente como granadeiros, peixes rato ou ratos.
Encóntranse entre os peixes máis comúns das zonas abisais e están presentes en todos os oceános do mundo.