O abrótano femia, herba da loba ou santolina [1] (Santolina chamaecyparissus) é unha especie de planta herbácea ou gamallo, pertencente á familia das Asteráceas, de talo erecto e magro, moi ramificado, follas estreitas e lineares de cor verde agrisada e flores amarelas en capítulos, moi aromáticas, da que se utilizan principalmente as flores en infusión[2]. Ademais das propiedades medicinais, cultívase en Galiza coma ornamental.
Posúe numerosos talos delgados sobre o que medran follas de cor verde cinsenta, estreitas, lineais, divididas, carnosas e recendentes. Botan un intenso cheiro aromático que lembra ao da macela, aínda que un chisco desagradábel. No alto agroman unhas testiñas hemisféricas con flores tubulosas de cor amarela. A súa altura pode oscilar entre os 20 e 70 cm. O seu froito é cuadrangular.
Planta de clima mediterráneo, orixinaria do sur de Europa, atopándose tamén no norte de África e en América do Norte. Medra en outeiros e ladeiras arxilosas ou pedrentas. En Galiza non é común atopala brava, agás nas zonas de clima de influencia mediterránea.
Santolina chamaecyparissus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753.[4]
Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.[5]
chamaecyparissus: nome xenérico en latín derivado do grego χαμαικυπάρισσος ("alcipreste do chan"), e xa usado na antiga Roma para nomear a especie.[6] Este nome designa tamén ao Chamaecyparis, un xénero de Cupressaceae.
O abrótano femia, herba da loba ou santolina (Santolina chamaecyparissus) é unha especie de planta herbácea ou gamallo, pertencente á familia das Asteráceas, de talo erecto e magro, moi ramificado, follas estreitas e lineares de cor verde agrisada e flores amarelas en capítulos, moi aromáticas, da que se utilizan principalmente as flores en infusión. Ademais das propiedades medicinais, cultívase en Galiza coma ornamental.
Vista da planta Detalle da flor Vista da planta