Gonipterus scutellatus is a species of weevil in the family Curculionidae. It is commonly known as the eucalyptus snout beetle, the eucalyptus weevil or the gum tree weevil. It feeds and breeds on Eucalyptus trees and is endemic to Australia.[2]
This weevil is greyish-brown with a light coloured transverse band. It is about thirteen millimetres long and not readily distinguishable from the closely related weevil, Gonipterus gibberus, which shares the same common names. The larvae are yellowish-green with black markings and have three dark green stripes on the abdomen which distinguish them from larvae of G. gibberus.[2]
Eucalyptus trees are the only hosts for the gum tree weevil. The species most susceptible to attack include Eucalyptus camaldulensis, Eucalyptus globulus, Eucalyptus maidenii, Eucalyptus punctata, Eucalyptus robusta, Eucalyptus smithii and Eucalyptus viminalis.[2]
The gum tree weevil is endemic to Australia where Eucalyptus trees are native. The weevil has spread to China, Eswatini, Kenya, Lesotho, Madagascar, Malawi, Mauritius, Mozambique, South Africa, St. Helena, Uganda, Zimbabwe etc. Also to Brazil, Chile and Uruguay and the United States, and in Europe to France, Italy, France, Portugal and Spain.[2]
Over a period of about three months, adult female gum tree weevils lay about two hundred eggs in batches of about ten in grey coloured capsules. These are attached to the upper or lower sides of the leaves and hatch after about a week. The larvae begin to feed on leaves and young shoots. After moulting three times, the larvae crawl or fall to the ground where they pupate a few centimetres beneath the surface. The weevil's life cycle takes seven to eleven weeks from egg laying to maturity, depending on the temperature. In Mauritius there are about four generations annually and the weevils breed throughout the year. In South Africa there are two generations and they overwinter as adults.[2]
The gum tree weevil is of little economic significance in Australia where it has natural enemies. In other countries where Eucalyptus has been introduced, that is not the case. Adult gum tree weevils feed mostly on leaves and the soft bark of twigs while the larvae feed mostly on leaves. Heavy infestations cause die back of shoots which may result in the development of epicormic shoots. Repeated defoliations may cause the splitting and death of branches or even whole trees.[3] The egg parasite Anaphes nitens, a wasp which is native to Australia, has been introduced to other countries as a biological control agent to control the gum tree weevil. This has been successful in Mauritius where in two years, incidence of the gum tree weevil has been much reduced.[4] More recently, successful control has also been obtained in Italy and France,[5] and in Spain.[6]
Gonipterus scutellatus is a species of weevil in the family Curculionidae. It is commonly known as the eucalyptus snout beetle, the eucalyptus weevil or the gum tree weevil. It feeds and breeds on Eucalyptus trees and is endemic to Australia.
El gorgojo del eucalipto (Gonipterus scutellatus), también llamado defoliador del eucalipto, es una especie de coleóptero de la familia Curculionidae originaria de Australia, que se alimenta de las hojas y de los nuevos brotes del eucalipto, provocando fuertes daños en las plantaciones de esta especie forestal.[2]
El ejemplar adulto de G. Scutellatus presenta un cuerpo de forma elipsoidal, de unos 7-9 mm de longitud por 4-5 mm de ancho. Los machos son más pequeños que las hembras. El cuerpo está cubierto de escamas finas y cortas de color marrón naranja que toman un color castaño oscuro cuando alcanza la madurez. En la cabeza destaca una prolongación delantera, llamada rostro, que es característica de los curculiónidos.
Gonipterys scutellatus se encuentra principalmente en los árboles del género Eucalyptus. Las especies más susceptibles de ser atacadas por este coleóptero incluyen el Eucalyptus camaldulensis, Eucalyptus globulus, Eucalyptus maidenii, Eucalyptus punctata, Eucalyptus robusta, Eucalyptus smithii y Eucalyptus viminalis.[2]
Como todos los coleópteros, estos gorgojos son holometábolos, es decir, muestran metamorfosis completa que atraviesa las fases de huevo, larva, ninfa y adulto. En condiciones normales, puede presentar dos ciclos dentro del mismo año, aunque excepcionalmente pueden darse casos de tres o hasta cuatro ciclos.
El Gonipterus scutellatus procede del sureste de Australia, zona de origen del eucalipto, donde se mantiene bajo control gracias a la presencia de sus depredadores naturales. Pero estos no están presentes en otras áreas donde se introdujo el eucalipto, por lo que el gorgojo del eucalipto actúa como especie invasora en otros continentes. Los efectos dañinos sobre las plantaciones de eucaliptos se empezaron a detectar en Sudáfrica y Madagascar desde 1916, primera localización conocida fuera de su origen. Hacia 1925 se detectó en Argentina, donde protagonizó otro caso de rápida expansión que alcanzó Uruguay en 1943 y Brasil en 1955.
Llegó a Europa en 1976, localizándose en la rivera de Italia, y posteriormente en Francia en 1979. En España, fue descubierto en 1991 en la región de Galicia.[3]
Continuó su expansión por el continente americano: se localizó por primera vez en Estados Unidos en 1995 y en Chile en 1997.
El único enemigo natural de Gonipterus scutellatus es una pequeña avispa también natural de Australia, Anaphes nitens, que actúa como parasitoide específico de Gonipterus scutellatus. Por su especifidad parasitaria, esta avispa se ha utilizado desde 1923 en la lucha biológica contra la plaga. Sudáfrica fue el primer país que consiguió, en diciembre de 1930, que el 77-98% de las puestas de huevos fuesen parasitadas.
La lucha con fitosanitarios se ha apuntado como posible, pero conlleva riesgos elevados para el ser humano y el ecosistema.[4] El insecticida de referencia es el flufenoxurón, que consigue contener la población de la plaga matando el 90-100% de las larvas y adultos en los estudios de laboratorio. También se ha comprobado que provoca hasta un 97% de mortalidad en la Anaphes nitens, contradiciendo la teoría inicial de que solo actuaba contra gorgojo sin afectar para nada a la avispa (Santolamazza 2004). Actualmente el flufenoxurón (principio activo de Cascade) se halla en fase de prohibición por la Unión Europea[5] a partir de las conclusiones de la Agencia Europea de Seguridad Alimentaria.[6]
A principios de 2012 existe una gran polémica social por la intención de la patronal española del papel (ASPAPEL) de realizar con la colaboración de la Junta de Galicia y otras entidades una fumigación aérea masiva de las plantaciones de eucaliptos gallegas afectadas por este insecto. La fumigación se pretende efectuar con el insecticida de nombre comercial Cascade, cuyo principio activo es el flufenoxurón.
El gorgojo del eucalipto (Gonipterus scutellatus), también llamado defoliador del eucalipto, es una especie de coleóptero de la familia Curculionidae originaria de Australia, que se alimenta de las hojas y de los nuevos brotes del eucalipto, provocando fuertes daños en las plantaciones de esta especie forestal.
O gurgullo do eucalipto, tamén denominado defoliador do eucalipto (Gonipterus scutellatus), é un pequeno insecto coleóptero orixinario de Australia, que se alimenta das follas e gromos novos do eucalipto provocando fortes danos nas plantacións desta especie forestal. Está presente en Galicia desde 1991.
O adulto presenta un corpo de forma elipsoidal, duns 7–9 mm de lonxitude por 4–5 mm de ancho; os machos máis pequenos cás femias. O corpo está cuberto de escamas finas e curtas de cor marrón laranxa; toma unha cor castaña escura cando alcanza a madureza. Na cabeza destaca unha prolongación dianteira, chamada rostro, que é característica dos curculiónidos; este rostro presenta no extremo os órganos bucais. O aparato bucal é mastigador: o gorgullo traba os bordos das follas e vainos comendo, co que as follas adquiren un bordo lobulado; tamén comen nos agromos da planta.
As antenas teñen sete artellos ou segmentos, o último ancheado en forma de maza oval. Os élitros [2] mostran unhas liñas lonxitudinais de pequenos tubérculos e unha banda transversal de cor máis escura có resto.
As patas, robustas, están dentadas na cara interna das tibias.
Como tódolos coleópteros, estes gorgullos son holometábolos, é dicir, mostran metamorfose completa, que atravesa as fases de ovo, larva, ninfa (ou pupa) e adulto (ou imago). En condicións normais, pode presentar dous ciclos dentro do ano, excepcionalmente tres [3].
As femias depositan os ovos sobre as follas máis novas da árbore, especialmente sobre a cara superior. Son de forma subcilíndrica, cos polos arredondeados, de cor amarelenta. Miden sobre 1 mm de lonxitude e 0,5 mm de diámetro e son depositados en paquetes ou ootecas formados por entre 5 e 12 ovos cada unha. A ooteca, de 5–7 mm de lonxitude, está protexida por unha capa de excrementos e outras materias orgánicas, de cor marrón ou negra.
A fase larvaria atravesa catro fases sucesivas, L1 a L4, desde os 1,5 mm ata chegar ós 15 mm de lonxitude. As larvas, de cor amarela clara nun principio L1 e L2), van tomando unha cor máis intensa segundo medran (L3 e L4). Son glabras (sen pelos), ápodas (sen patas), arqueadas e aplanadas ventralmente. A cabeza é moura e no corpo mostran dúas bandas en posición latero-dorsal que percorren o corpo, de cor verde escura, máis patentes segundo madurecen. Na cara dorsal aprécianse numerosos puntiños pardos ou negros.
Aliméntanse das follas adultas formando uns sucos característicos no limbo das follas, a modo de camiños ou galerías, e, cando alcanzan a madureza, déixanse caer ó chan.
A larva muda a ninfa ou pupa baixo terra, tras enterrarse activamente e sen protexerse nun casulo. A pupa mide uns 8 mm de lonxitude e é de cor branca translúcida, pero ás 24 horas comeza a tomar cor marrón desde as patas ata a totalidade do corpo.
O Gonipterus procede do sueste de Australia, berce do propio eucalipto, onde se mantén controlado grazas á presenza dos seus predadores naturais. Pero estes son descoñecidos noutras áreas xeográficas a onde se foi expandindo o eucalipto polo seu rendible aproveitamento, polo que a difusión do gorgullo non atopou límites. Asi, xa se detectaron efectos prexudiciais sobre as plantacións de eucaliptos en Suráfrica e Madagascar desde 1916, primeira localización coñecida fóra da zona de orixe. O insecto foi colonizando outros territorios a razón duns 100 km/ano ata estenderse en 30 anos á metade sur do continente africano. Cara a 1925 detectouse na Arxentina, protagonizando outro caso de rápida expansión que alcanza Uruguai en 1943, Brasil en 1955 e Chile en 1997; en 1995 localízase en California.
Chega a Europa en 1976, localizándose na Riviera italiana nese ano e en Francia en 1979.
En Galicia foi descuberto nos arredores de Lourizán en 1991 [4], estendéndose rapidamente por toda a Comunidade así como a Asturias (1997) e Portugal (1997); tamén existen xa casos en Estremadura. En 1993 estaba presente nas zonas de monte centrais da provincia de Pontevedra; en 1994 e 1995 afectaba case toda a provincia e comezaba a expandirse cara a Coruña e Ourense e en 2000 podíase atopar en toda Pontevedra, case toda A Coruña e amplas zonas de Lugo, quedando só libres a metade oriental de Lugo e Ourense.
O gorgullo do eucalipto aliméntase exclusivamente desta árbore, provocando danos nas follas tanto no seu estado larvario como adulto. As larvas L1 e L2 aliméntanse da epiderme da folla pero as larvas L3 e L4 comen da totalidade do limbo, dos gromos e pólas novas. Con se-lo efecto das larvas o máis agresivo contra a árbore, tamén os adultos comen, coma xa se dixo, nas follas, preferiblemente das máis novas pero tamén nas follas adultas e coriáceas.
Como consecuencia da súa acción defoliante, o crecemento da árbore vese ralentizado e a produción de madeira diminúe. De por parte, a madeira toma unha consistencia máis dura, o que dificulta o seu posterior aproveitamento industrial.
Afecta con maior gravidade o Eucalyptus globulus (a especie de eucalipto máis común en Galicia) aínda que tamén, con menor intensidade, a outras especies, como o E. nitens. Resultan especialmente afectadas as plantacións de entre 3 e 5 anos de idade.
Os efectos do gurgullo móstranse especialmente no terzo superior da árbore, estimándose cinco graos de afectación: no grao 0 a defoliación afecta ó 0-10% dese terzo superior; no grao 1, o 10-30%; no grao 2, o 30-60%; no grao 3, o 60-90% e no grao 4, máis do 90%. Un estudo realizado en 1999 pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro [5] nos eucalipais da Coruña, Lugo e Pontevedra concluíu que o 64% das parcelas de Pontevedra, o 60% da Coruña e o 55% de Lugo estaban afectadas pola praga. O grao medio de defoliación era de 0, pero en Pontevedra o nivel medio era de 1 e, en 6 das 66 parcelas estudadas, ata de 2; na Coruña e Lugo, o 25% das parcelas alcanzaban o grao 1 e o 10% o grao 2; en Lugo, outro 10% chegaba a presentar un grao 3.
Outro estudo realizado en 2002 comprobou que o 61% dos eucaliptais estaba exento da praga, que o 29% sofría unha defoliación lixeira, o 9% unha deforestación moderada e só no 1% podía cualificarse de grave [6].
O único predador natural do gurgullo do eucalipto está representado por unha pequena avespa tamén natural de Australia, Anaphes nitens, que actúa como parasitoide específico do gorgullo [7]. Trátase dunha especie de avespa que pon os seus ovos nas ootecas deste, de modo que as larvas que nacen dos ovos da avespa se alimentan do embrión do gorgullo. Aproveitando esta especificidade parasitaria, a avespa foi aproveitada desde 1923 para establecer unha loita biolóxica contra a praga [8], e en Galicia vense sementando nos eucaliptais con notable éxito. As primeiras probas, en áreas concretas e restrinxidas, fixéronse en 1994 e non foi ata 1999 cando o método se aplicou a toda a superficie afectada polo gorgullo. O método consiste en pendurar nos eucaliptos bolsiñas contendo as ootecas parasitadas. Ó eclosiona-las avespas, saen da bolsa e disemínanse no medio.
O obxectivo deste control biolóxico non é tanto a eliminación da praga como mante-la densidade das larvas por baixo dun límite "admisible" [9].
A loita con fitosanitarios apuntouse como posible pero é menos eficaz, só aplicable en zonas nas que a presenza do gorgullo sexa importante e a concentración de larvas elevada e comporta riscos elevados para o ecosistema[10] . Propuxéronse dous insecticidas e dous bioinsecticidas [11], dos que só o flufenoxuron (prohibido[12]) e o etofenprox conseguiron conter a poboación da praga, provocando a morte do 90-100 % de larvas e adultos nos estudos de laboratorio. Tamén se comprobou que provocaban ata un 97 % de mortalidade na Anaphes nitens (en estudos de laboratorio, ás 48 horas de entrar en contacto co insecticida), contradicindo a teoría inicial de que só actuaban contra o gurgullo sen afectar para nada á avespa (Santolamazza 2004). Actualmente o flusenoxuron está en fase de prohibición pola Unión Europea[12]. O flufenoxuron é o produto activo de CascadeTM prohibido en base ás conclusións da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria[13].
A Xunta de Galicia desenvolveu a partir de 2002 un Plan Estratéxico de Loita Integrada contra o 'Gonipterus', baseado na distribución de ootecas parasitadas por ovos da avespa (en 2004, a Xunta informou que levaba repartidas 1,2 millóns de ootecas parasitadas desde 1997), na aplicación de tratamentos fitosanitarios en zonas fortemente afectadas e na concienciación dos propietarios forestais para unha mellor distribución das masas arbóreas, creando fracturas que dificulten a difusión da praga e escollendo mellor as áreas onde face-las plantacións de eucalipto. Aínda así, cando a densidade das larvas é demasiado elevada, a única solución pasa polo corte da superficie forestal afectada [14].
Outras liñas de actuación van dirixidas á selección de variedades de eucalipto resistentes ó gorgullo e ó desenvolvemento de fitosanitarios que ataquen os insectos adultos.
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro [3] (creada en 1980 pola Deputación Provincial de Pontevedra, en Lourizán) comezou coa cría da avespa e distribución das ootecas parasitadas en canto se descubriu o insecto en Galicia. A partir de 2002, dúas empresas privadas -unha pontevedresa e outra vasca- comezaron a comercializa-la avespa.
O Anaphes nitens é unha pequena avespa, de 0,8–1 mm de lonxitude, de cor marrón moura. Posúe dúas longas antenas filiformes que, nas femias, non chegan a equipara-la lonxitude do corpo pero que nos machos a sobrepasan.
O tórax é tan longo coma ancho pero o abdome é curto e de forma oval. As alas, máis longas có corpo, son translúcidas e desiguais: o primeiro par ancho e grande e o segundo par practicamente lineal.
Atravesan durante a metamorfose polas fases de ovo, larva, pupa e adulto. As tres primeiras ocorren no interior dos ovos do Gonipterus. Os ovos miden de 0,2-0,3 mm de lonxitude e son primeiro translúcidos e logo opacos. As larvas son tamén moi pequenas, de 0,1 a 0,6 mm. Finalmente, nacen as avespas adultas que fan a súa posta noutras árbores, pechando o ciclo: estímase que de cada ooteca parasitada nacen 10 avespas. O seu potencial reprodutivo tamén resulta moi favorable, xa que poden presentar, en condicións óptimas, ata 17 ciclos reprodutores nun ano fronte ós 2-3 do Gonipterus. Santolamazza e outros comprobaron que tanto un como outro presentan uns requirimentos de temperatura, en graos-día, para completa-lo seu desenvolvemento que implica que a avespa non poida ter, seguramente, as 17 xeracións que se lle atribúen mentres que o Gonipterus pode chegar, polo menos en determinados anos, ás 3 xeracións anuais (Santolamazza 2006).
Diferentes colectivos ecoloxistas [15] advertiron o risco medioambiental que podía supoñe-la introdución no noso ecosistema dunha especie foránea [16], da que se descoñocían as posibles interaccións sobre outras especies vexetais ou animais. Mesmo houbo unha interpelación parlamentaria do deputado Miguel Cortizo (PSdeG) criticando a medida [17]. A Administración asegurou que o método de loita biolóxica baseado na diseminación de Anaphes nitens era "eficaz e inocuo" para o entorno; que fora empregada previamente en Suráfrica, Portugal ou Irlanda, con éxito e sen consecuencias nocivas no medio ambiente; que non se comprobou nunca ningunha interacción entre o Anaphes e ningunha outra especie que non fose o Gonipterus, así como que resulta inofensiva para o home.
A principios de 2012 existe unha gran polémica social pola intención da patronal española do papel (ASPAPEL) de realizar coa colaboración da Xunta de Galicia e outras entidades unha fumigación aérea masiva das plantacións de eucaliptos galegas afectadas por este insecto. A fumigación preténdese realizar co insecticida chamado comercialmente Cascade, cuxo principio activo é a substancia denominada flufenoxurón prohibida pola Unión Europea[12]. Un dos seus peores efectos é que é altamente tóxica para as larvas das abellas[13], como o propio fabricante recoñece na etiquetaxe do produto.
O gurgullo do eucalipto, tamén denominado defoliador do eucalipto (Gonipterus scutellatus), é un pequeno insecto coleóptero orixinario de Australia, que se alimenta das follas e gromos novos do eucalipto provocando fortes danos nas plantacións desta especie forestal. Está presente en Galicia desde 1991.
Gonipterus scutellatus é uma espécie de insetos coleópteros polífagos pertencente à família Curculionidae.[1]
A autoridade científica da espécie é Gyllenhal, tendo sido descrita no ano de 1833.
Trata-se de uma espécie presente no território português.
Gonipterus scutellatus é uma espécie de insetos coleópteros polífagos pertencente à família Curculionidae.
A autoridade científica da espécie é Gyllenhal, tendo sido descrita no ano de 1833.
Trata-se de uma espécie presente no território português.