O arroaz careto,[1] Lagenorhynchus albirostris Gray, 1846, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que habita nas augas do Atlántico Norte.
Mide ao redor de 2,5-2,7 m na idade adulta. Caracterízase pola súa cara de cor branca co fociño arredondado.
Non está tan ben adaptado como a beluga ás condicións do Ártico.
Endémico do Atlántico Norte, pódese ver nas costas de Nova Inglaterra, Groenlandia e, polo leste, até o norte de Francia.
O arroaz careto, Lagenorhynchus albirostris Gray, 1846, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que habita nas augas do Atlántico Norte.