O camarón ártico [2] ( Pandalus borealis, Krøyer 1838 ) é unha especie de crustáceo decápodo carideo da familia dos pandálidos.
É un camarón que habita nas zonas frías do norte dos océanos Atlántico e Pacífico.[3]
A especie foi descrita en 1838 polo zoólogo danés Henrik Nikolai Krøyer (1799–1870),[4] que o bautizou co nome de Pandalus borealis borealis.[1]
Ao longo da historia, esta especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]
A especie Pandalus borealis é coñecida noutros idiomas como:[2]
O camarón ártico vive a profundidades de 20 a 1.330 m, normalmente sobre leitos lodosos,[3] en augas con temperatura de 2 a 14 °C.
A subespecie P. b. borealis distribúese polas a costas de Nova Inglaterra e polas atlánticas do Canadá, polas do sur e o leste de Groenlandia, e polas de Islandia, Svalbard, Noruega e as de todo o mar do Norte.
No Pacífico, a subespecie P. b. eous áchase nas costas do Xapón, do mar de Okhotsk, no estreito de Bering e polas do sur de Norteamérica até o estado de Washington.
Este camarón pode chegar a vivir até os 8 anos. O seu un tamaño pode alcanzar os 120 mm nos machos, e até os 165 mm nas femias.[3][5]
É unha especie hermafrodita. Inician a súa vida como machos, pero despois dos dous anos os testículos convértense en ovarios, e completan o seu ciclo vital como femias.[5]
O camarón ártico é unha fonte importante de alimento para moitas especiers mariñas, e tamén para o home.
Desde principios do século XX captúrase en Noruega e, maís tarde, comezou a pescarse noutros países.
Unha enzima usada en bioloxía molecular, a fosfatase alcalina de camarón (SAP), obtense de Pandalus borealis.
A casca da especie é fonte de quitosano, un composto químico moi versátil usado en diferentes aplicacións como, por exemplo, para o tratamento para deter a hemorraxia en feridas, filtrar o viño ou mellorar o solo en agricultura ecolóxica.
O camarón ártico ten un ciclo de vida curto, o que contribúe a que as súas poboacións varíen moito dun ano para outro.
Porén, a especie non se considera sobreexplotada debido á alta cantidade colleitada cada ano.
Na actualidade, é a máis importante especie comercial de camarón,[3] seguida de Crangon crangon, camarón da familia dos crangónidos.[6]
As capturas en Canadá, iniciáronse na década de 1980 e estendéronse na década de 1990. Neste país, as capturas anuais limítanse a un total de 164.000 toneladas (dato de 2008).[5]
O camarón ártico ( Pandalus borealis, Krøyer 1838 ) é unha especie de crustáceo decápodo carideo da familia dos pandálidos.
É un camarón que habita nas zonas frías do norte dos océanos Atlántico e Pacífico.