dcsimg

Gaivota do Caspio ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

A gaivota do Caspio[Cómpre referencia] (Larus cachinnans) é un ave da familia dos láridos.

Características

Trátase dunha especie estreitamente ligada á gaivota patiamarela e á gaivota arxéntea. Hoxe en día é considerada unha especie diferente. Habita na costa mais tamén en ríos, encoros ou lagoas interiores.

Distribución

Distribúese polo Mar Negro, Mar Caspio e nunha ampla zona de Asia Central. Recentemente é unha visitante máis habitual no norte e nordés de Europa, téndose documentado casos de hibridación coa patiamarela e arxéntea.

No período do ano 2005 ata o 2010 documentáronse 42 rexistros desta especie na península Ibérica, seis deles en Galicia.[2]

Notas

  1. BirdLife International (2014). "Larus cachinnans". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2014: e.T22735929A62504211. Consultado o 7 de maio do 2016.
  2. Eduardo de Juana, Ernest Garcia (2015). The Birds of the Iberian Peninsula. p. 353.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia

Gaivota do Caspio: Brief Summary ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

A gaivota do Caspio[Cómpre referencia] (Larus cachinnans) é un ave da familia dos láridos.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia