O caracará carunculado[2] (Phalcoboenus carunculatus) é unha especie de paxaro de rapina da familia Falconidae. Habita nos páramo dos Andes de Ecuador e Colombia. Distribúese polo sur de Colombia, dende o volcán de Puracé e en boa parte da rexión andina de Ecuador. Non se coñecen subespecies.[3]
A lonxitude é de 51 a 56 cm. O aspecto dos adultos é semellante ó do caracará andino (Phalcoboenus megalopterus). Diferénciase en que o carunculado ten o peito e ventre brancos con conchas ben definidas cor gris escura ou negras. A plumaxe dos exemplares novos desta especie é de cor castaña, o peteiro é escuro e as patas son cor óso.
O caracará carunculado (Phalcoboenus carunculatus) é unha especie de paxaro de rapina da familia Falconidae. Habita nos páramo dos Andes de Ecuador e Colombia. Distribúese polo sur de Colombia, dende o volcán de Puracé e en boa parte da rexión andina de Ecuador. Non se coñecen subespecies.