O pato bóla ou parrulo bóla[1] (Aythya affinis) é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.
Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os adultos miden entre 38 e 48 cm de lonxitude (de 42 a 43 cm de media). As femias pesan de media uns 730 gramos, mentres que os machos van dende o 790 até os 850 gramos (820 de media).
Cría en ríos e lagos de Alasca, a metade occidental de Canadá e o noroeste dos Estados Unidos. Durante o inverno móvese cara o sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central até Panamá.
O pato bóla ou parrulo bóla (Aythya affinis) é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.