A dos peracáridos (Peracarida) é unha superorde de crustáceos malacostráceos da clase dos eumalacostráceos.
De distribución cosmopolita, a superorde dos peracáridos é un dos taxa de crustáceos máis grande, xa que inclúe unhas 12 000 especies, distribuídas en hábitats mariños, dulciacuícolas e terrestres, das que as máis coñecidas son as integrantes das ordes dos anfípodos e dos isópodos.
A maioría dos seus membros miden menos de 2 cm de lonxitude,[1] pero o máis grande é probabelmente o chamado isópodo xigante (Bathynomus giganteus), que pode chegar a medir 76 cm.[2]
A principal característica que os distingue doutros eumalacostráceos é a de posuíren as femias dunha bolsa incubadora aplanada, unha especie de marsupio, onde transportan os seus ovos, e formada a partir de finas placas da coxa dos pereiópodos.[3]
Ademais, presentan só unha parella de maxilípedos (raramente dúas ou tres), as mandíbulas cun proeso articulado accesorio entre o proceso molar e os dentes apicais (incisivos) dos adultos que se coñece co nome de lacinia ou lacinia mobilis, e unha casca que a miúdo se reduce en tamaño e non se fusiona coa parte superior dos somitos torácicos.[4]
Nalgunhas ordes, os individuos xuvenís, nunha etapa postlarvaria, chamada mancos, carecen do último par de patas.[4]
Na orde dos Thermosbaenacea, nalgúns individuos de vida subterránea, a casca das femias expándese formando un marsupio dorsal.[1]
A superorde dos peracáridos foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía, William Thomas Calman, na súa obra "On the Classification of the Crustacea Malacostraca", publicada nos Annals and Magazine of Natural History ser. 13, vol. 74, pp. 144–158 (ver texto íntegro).
O nome científico Peracarida está tirado da voz do grego antigo πήρα pḗra, 'alforxa', 'saco de viaxe' e o elemento do Latín científico -carida, forma neutra plural derivada do termo do grego antigo καρίς karís, 'pequeno crustáceo', 'cmarón'.
Na actuaslidade recoñécense na superorde as 14 ordes seguintes:[5]
Porén, Ruppert, Fox e Barnes exclúen Thermosbaenacea e a sitúan nunha orde separada, a dos Pancarida. Tamén colocan Lophogastrida, Mysida e Pygocephalomorpha nunha soa orde, a dos Mysidacea.[1] Este arranxo é discutido por Meland e Willassen, que encontraron que a secuenciación dos datos moleculares demostra que estas tres ordes ciktadas non están estreitamente relacionadas.[6]
A dos peracáridos (Peracarida) é unha superorde de crustáceos malacostráceos da clase dos eumalacostráceos.
De distribución cosmopolita, a superorde dos peracáridos é un dos taxa de crustáceos máis grande, xa que inclúe unhas 12 000 especies, distribuídas en hábitats mariños, dulciacuícolas e terrestres, das que as máis coñecidas son as integrantes das ordes dos anfípodos e dos isópodos.
A maioría dos seus membros miden menos de 2 cm de lonxitude, pero o máis grande é probabelmente o chamado isópodo xigante (Bathynomus giganteus), que pode chegar a medir 76 cm.