dcsimg

Ximnotiformes ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Anguía eléctrica (Electrophorus electricus)

Os Ximnotiformes (Gymnotiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende especies de río distribuídos por zonas tropicais húmidas desde Guatemala ata o norte da Arxentina, entre os que se inclúen os peixes eléctricos de Sudamérica e os chamados peixes coitelo.

Características

Son peixes de hábitos nocturnos que se caracterizan por posuír órganos capaces de xerar un campo eléctrico. Quizais a especie máis coñecida sexa a anguía eléctrica (Electrophorus electricus), que pode emitir poderosas descargas elécticas de ata 600 voltios para cazar e defenderse. Ademais destas descargas fortes e puntuais, todos xeran de forma continua un campo de menos de 1 voltio que lles serve para a navegación e a comunicación. En cada especie este campo é distinto e característico. Os órganos eléctricos derivan evolutivamente de células musculares, de ben nos Apteronotidae derivan de células nerviosas.

O corpo é de forma de coitelo ou cilíndrico, máis ou menos comprimido. Perderon as aletas pélvicas e a dorsal, pero a aleta anal é extremadamente longa e ondulada, para permitir movementos tanto cara adiante como cara atrás. A aleta caudal pode estar ausente ou ser moi reducida.

Clasificación

Divídense en dúas subordes e seis familias, que agrupan unhas 150 especies coñecidas:

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ximnotiformes: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Anguía eléctrica (Electrophorus electricus)

Os Ximnotiformes (Gymnotiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende especies de río distribuídos por zonas tropicais húmidas desde Guatemala ata o norte da Arxentina, entre os que se inclúen os peixes eléctricos de Sudamérica e os chamados peixes coitelo.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician