Spondyliosoma emarginatum, é unha especie de peixe da clase dos actinopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos percoideos e familia dos espáridos, unha das 2 actualmente integradas no xénero Spondyliosoma.[2][3][4]
A especie foi descrita polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes, baixo o nome de Cantharus emarginatum.[5]
Adeamis de polo nome acuralmente válido, a especia coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
Spondyliosoma emarginatum, como é común en moitos espáridos, ten o corpo ovalado, alto e comprimido lateralmente. Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 35 cm,[6] aínda que normalmente non pasa dos 25 cm.[7] A súa aleta dorsal conta con 11 raios espiñosos e con de 11 a 13 raios brandos; e a aleta anal presenta 3 raios espiñosos e 10 raios brandos.[8]
A lonxitude máxima rexistrada para esta especie é de 35,4 cm, e o peso máximo de 1 100 g. A idade máxima rexistrada foi de 11 anos.[9]
Spondyliosoma emarginatum e un peixe demersal que vive nas costas en augas mariñas e salobres, desde a zona intermareal, a 1 m de profudidade, até os 50 ou 60 m.[10][11]
Os adultos encóntranse en arrecifes superficiais, pouco profundos, até os 50 m de profundidade, cunha poboación illada na lagoa Langebaan onde frecuentan canles de fondos areosos a menos de 10 m de profundidade.[11] Os xuvenís atópanse en arrecifes superficiais, e moi raramente entran nos estuarios.[12][13]
A súa área de distribución abarca as augas subtropicais do océano Índico occidental: Suráfrica e o sur de Madagascar, entre os 10° e os 35° S, e os 17° e os 52° L.[8] É endémico de Suráfrica, onde se encontra desde a baía de Saldanha, Cabo Occidental até Durban, KwaZulu-Natal.[14] Hai un rexistro (cuestionábel) no sur de Madagascar.[15]
Spondyliosoma emarginatum encóntrase sobre substratos rochosos de augas oceánicas, e pode entrar nos estuarios de auhgas salgadas ou salobres onde vive entre a vexetación, alimnntándose de algas e pequenos moluscos e crustáceos.[16]
Spondyliosoma emarginatum é un hermafrodita protoxínico (os gametos femininos madurann antes que os masculinos, polo que as femias, coa ideade, poden converterse en machos). A reprodución, no Cabo Ocidental, ocorre desde xullo até outubro. A madurez sexual, no 50 % dos espécimes, prodúcese cando acadan unha lonxitude de 23,5 cm as femias, e os 24,9 cm os machos.[11]
Na reprodución, as súas costumes na construción dos niños e os ovos bentónicos suxiren un comportamento territorial e residente.[9] Despois da fecundación, os ovos son depositados nunha depresión pouco profunda e son protexidos dos depredadores polo macho até que eclosionan.[8]
Segundo os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), Spondyliosoma emarginatum é unha especie común e abundante que se pesca principalmente para usar como engado ou para o consumo humano a falta de especies máis rendíbeis. É probable que esta especie estea infraexplotada e non se identificaron ameazas importantes, ademais de que habita en áreas mariñas protexidas dentro da súa área de distribución, polo que a UICN cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Spondyliosoma emarginatum, é unha especie de peixe da clase dos actinopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos percoideos e familia dos espáridos, unha das 2 actualmente integradas no xénero Spondyliosoma.