dcsimg
Image of common otter clam
Creatures » » Animal » » Molluscs » Mussels » » Mactridae »

Common Otter Clam

Lutraria lutraria (Linnaeus 1758)

Arola ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A arola[2] ou mexarela[3] (Lutraria lutraria, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo pertencente á familia dos máctridos (Mactridae), de tamaño relativamente grande. Existe outra especie semellante, a Lutraria magna, que se caracteriza pola marxe dorsal curvada cara dentro, e cuncha máis robusta e de cor parda sucia. Non adoita superar os 10 cm de lonxitude.

Descrición

A cuncha é de perfil elíptico, cuns 13 cm de lonxitude e unha anchura duns 5–6 cm. As valvas non pechan polos extremos, deixando certa separación. A cor habitual é branca ou amarelenta, pero o periostraco é dun castaño escuro. Polo interior é branca coa marca do seo paleal ben visible. Presenta unha liñas de crecemento concéntricas moi finas.

Na valva dereita hai dous dentes cardinais e outro lateral; a esquerda ten dous cardinais e dous laterais.

Os sifóns son notablemente longos e fortes.

Hábitat e bioloxía

Vive sobre fondos de area, limo ou grava, ata uns 100 metros de profundidade. Distribúese pola costa este do Atlántico, desde Noruega ata o sur de África.

Aproveitamento pesqueiro e comercial

 src=
Cuncha da arola (interior á esquerda, exterior á dereita)

A arola é un molusco comestible pero tan pouco apreciada que non se practica a captura desta especie. Cando se pesca, dedícase exclusivamente á conserva.

Rosa Ramonell achega o dato histórico de que os romanos incluían arolas nos seus banquetes.

A arola en Galicia

Ríos Panisse recolleu para esta especie a seguinte sinonimia: ameixola da lama, navallón (porque lembra á navalla) e zapatela, ademais de mexarela, mexona, mixela ou mixota, nomes estes debidos ós fortes chorros de auga que expulsa polos sifóns.

Eladio Rodríguez recolle a locución Vaite á arola, fórmula de desentendemento que expulsa a alguén molesto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Arola: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A arola ou mexarela (Lutraria lutraria, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo pertencente á familia dos máctridos (Mactridae), de tamaño relativamente grande. Existe outra especie semellante, a Lutraria magna, que se caracteriza pola marxe dorsal curvada cara dentro, e cuncha máis robusta e de cor parda sucia. Non adoita superar os 10 cm de lonxitude.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician