dcsimg

Aves modernas ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os neornites ou aves modernas (Neornithes), son un clado que está composto por todas as aves actuais, as cales están representadas por máis de 9.000 especies.[1] As aves modernas presentan notables características que as diferenzan do resto de vertebrados, sendo talvez a máis notoria a súa pel cuberta na súa maioría de plumas, tendo as extremidades anteriores transformadas en ás. Outras características que distinguen ás aves son a presenza dun peteiro sen dentes, un corazón tetracameral, un metabolismo alto e ósos ocos (o cal favorece o voo).

Sistemática e evolución

Neornithes divídese nos clados Palaeognathae (tinamúes e ratites) e o moi diverso e heteroxéneo grupo Neognathae. Está xeralmente aceptado que as aves modernas evolucionaron durante o período Cretáceo, producíndose a diverxencia entre Galloanserae (anseriformes e galiformes) e o resto dos neognatos (Neoaves) antes da extinción masiva do Cretáceo-Terciario, pero non existe un consenso respecto de se a radiación evolutiva de Neoaves aconteceu durante o Cretáceo ou o Terciario. Esta incerteza débese á discrepancia entre os resultados das análises moleculares (que datan esta diverxencia no Cretáceo) e o rexistro fósil.[2][3][4][5]

Neornithes Palaeognathae    

Struthionidae

     

Rheidae

     

Tinamidae

     

Apterygidae

     

Casuariidae

   

Dromaiidae

              Neognathae

Neoaves

Galloanserae

Anseriformes

   

Galiformes

       

Cladograma baseado en Hackett et al. (2008).[5]

Notas

  1. Clements, J. F. (2007) The Clements Checklist of Birds of the World, 6th edition edición, Ithaca: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-4501-9.
  2. Ericson P. G. P et al. (2006) Diversification of Neoaves: integration of molecular sequence data and fossils Arquivado 25 de marzo de 2009 en Wayback Machine.. Biology Letters 2(4):543-547.
  3. Brown, Joseph W; Payne, Robert B; Mindell, David P (2007-06-22). "Nuclear DNA does not reconcile ‘rocks’ and ‘clocks’ in Neoaves: a comment on Ericson et al.". Biology Letters 3 (3): 257–260. PMC 2464679. PMID 17389215. doi:10.1098/rsbl.2006.0611.
  4. Edwards, S. V. et al. (2005) Phylogenetics of modern birds in the era of genomics Arquivado 06 de abril de 2010 en Wayback Machine.. Proc. R. Soc. B. 272:979?992.
  5. 5,0 5,1 Hackett S. J. et al. (2008) A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History. Science 320(5884):1763-1768.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Aves modernas: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os neornites ou aves modernas (Neornithes), son un clado que está composto por todas as aves actuais, as cales están representadas por máis de 9.000 especies. As aves modernas presentan notables características que as diferenzan do resto de vertebrados, sendo talvez a máis notoria a súa pel cuberta na súa maioría de plumas, tendo as extremidades anteriores transformadas en ás. Outras características que distinguen ás aves son a presenza dun peteiro sen dentes, un corazón tetracameral, un metabolismo alto e ósos ocos (o cal favorece o voo).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician