dcsimg

Tecostráceos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os tecóstracos ou tecostráceos (Thecostraca) son unha subclase de crustáceos maxilópodos, que inclúe os coñecidos percebes e arneiros, os ascotorácidos parasitos e os enigmáticos facetotectos.[2]

Coñécense, segundo algúns autoires, unhas 1 300 especies descritas. Porén, o SIIT reduce o número de especies a 402 descritas, das que só 239 están aprobadas.[1]

Caracterízanse pola presenza de órganos celosía, uns órganos quimiorreceptores da cutícula, exclusivos destes animais. Ademais, o estadio larvario final posúe anténulas prénsiles que usan para a localización do substrato e fixación no mesmo, para desenvolver o estadio adulto, que é sésil.

Etimoloxía

O termo do latín científico Thecostraca fórmase cos elementos do latín thec- (derivado do grego antigo θήκη théke, caixa) e -ostraca (adaptación do grego -οστρακα -ostraka, plural neutro de -οστρακος -ostrakos, de όστρακον óstrakon, cuncha).

A adaptación normal do termo ao galego é tecóstracos, proparoxítona (esdrúxula) debido á cantidade do a latino da sílaba -tra- (breve). Algúns adáptana como tecostráceos, como se fai en castelán (tecostráceos) e en catalán (tecostraci), por influencia de crustáceos.

Clasificación

Martin & Davis recoñecen tres infraclases, sendo a dos cirrípedes (Cirripedia) a que inclúe a maioría das especies (unhas 1 200):[1][3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Thecostraca Gruvel, 1905 (Taxonomic Serial No.: 621146) en SIIT (en inglés)
  2. Brusca & Brusca (2005)
  3. Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 132 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2013.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Tecostráceos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os tecóstracos ou tecostráceos (Thecostraca) son unha subclase de crustáceos maxilópodos, que inclúe os coñecidos percebes e arneiros, os ascotorácidos parasitos e os enigmáticos facetotectos.

Coñécense, segundo algúns autoires, unhas 1 300 especies descritas. Porén, o SIIT reduce o número de especies a 402 descritas, das que só 239 están aprobadas.

Caracterízanse pola presenza de órganos celosía, uns órganos quimiorreceptores da cutícula, exclusivos destes animais. Ademais, o estadio larvario final posúe anténulas prénsiles que usan para a localización do substrato e fixación no mesmo, para desenvolver o estadio adulto, que é sésil.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician