dcsimg

Furaño de xardín ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O furaño de xardín (Crocidura suaveolens) é unha especie de mamífero placentario da orde dos soricomorfos e familia dos sorícidos.

Descrición

É un soricido de dentes brancos semellante ao furaño común, (Crocidura russula). Co lombo de cor acastañada, ventre agrisado ás veces amarelado, coa cola cuns característicos pelos longos. Na Europa continental e na Península Ibérica as súas dimensións medran de norte a sur. A poboación de Menorca é a de maior tamaño.

Distribución

De ampla distribución no Paleártico, entre os 23º e os 56º N. Dende o sur da Península Ibérica até o Xapón, Corea e China oriental. Presente en numerosas illas do Canle da Mancha e do mar Mediterráneo. En España localízase desde a desembocadura do río Guadalquivir, costa onubense e de Portugal, límites do norte de Cáceres e sur de Salamanca, internandose no val do Tietar, noroeste de Zamora, gran parte de Galicia, Cornixa Cantábrica, norte Burgos, Biscaia, Álava, Guipúscoa e Navarra. Na área mediterránea está presente no nordés de Xirona. Ocupa a illa de Menorca.

Hábitat

Na Península Ibérica ocupa diversos medios na zona de influencia atlántica, mentres que na rexión mediterránea fica relegada aos ambientes húmidos. Non parece colonizar medios antropóxenos como en Europa.

Depredación

En Centroeuropa ten unha ampla relación de depredadores tanto réptiles como aves e mamíferos. Na Península Ibérica é depredado principalmente por rapaces nocturnas. En Menorca é deprededa pola curuxa e maila martaraña, (Meles meles).

Notas

  1. Hutterer, R., Amori, G., Kry?tufek, B., Yigit, N., Mitsain, G. & Muñoz, L.J.P. 2008. Crocidura suaveolens. In: IUCN 2009. IUCN Rede List of Threatened Species. Version 2009.2. . Downloaded on 21 December 2009.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Furaño de xardín: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O furaño de xardín (Crocidura suaveolens) é unha especie de mamífero placentario da orde dos soricomorfos e familia dos sorícidos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician