dcsimg

Morcego das covas ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O morcego das covas (Miniopterus schreibersii), é un morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae.

A posición taxonómica do xénero Miniopterus está en discusión, algúns autores sitúano dentro dunha familia propia, Miniopteridae, pero estudos máis recentes inclúeno como subfamilia dentro de Vespertilionidae. É a única especie de morcego europeo que presenta implantación diferida do blastocito.

Descrición

É un morcego de mediano tamaño, co fociño moi curto, perfil achatado e protuberante, as orellas son pequenas e triangulares, con grolo curto, redondeado e proxectado cara a dentro. As ás son longas e estreitas. O pelame curto e denso, de cor parda agrisada no dorso e máis pálida na zona ventral, mide de 42,9 a 49,9 mm cun peso de 10 a 20 gramos. A súa fórmula dentaria é 2.1.2.3 3.1.3.3 {displaystyle {frac {2.1.2.3}{3.1.3.3}}} {displaystyle {frac {2.1.2.3}{3.1.3.3}}} .

Emite sons de ecolocalización de ao redor de 55 kHz, pódense confundir coas emisións de Pipistrellus pygmaeus, pero diferénzanse en que os intervalos entre pulsos son máis regulares.

É unha especie moi gregaria, que forma colonias de centos ou miles de individuos durante todo o ano, durante a cría adoita agruparse con Myotis myotis, Myotis blythii, Rhinolophus euryale, Rhinolophus mehelyi, mentres no inverno constitúe colonias monoespecíficas ou se asocia a Rhinolophus ferrumequinum. O seu rápido voo permítelle efectuar longos desprazamentos estacionales entre os distintos refuxios e zonas de alimentación.

Distribución

 src=
Distribución do morcego das covas en Galicia

É unha especie de orixe subtropical, amplamente distribuída polo sur de Europa, África, Asia e Australia, aínda que está cuestionada a pertenza a esta especie das poboacións asiáticas e australianas. En Europa está presente en todo o sur do continente, dende a Península Ibérica até o Cáucaso. En España ocupa toda a península e gran parte das Illas Baleares.

Hábitat

É unha especie típica cavernícola, que se refuxia case exclusivamente en cavidades naturais, minas e túneles. Ás veces, sobre todo en inverno e primavera, exemplares illados ou pequenos grupos poden ocupar refuxios atípicos (fendas, vivendas ou pontes). Os refuxios están situados tanto no dominio termomediterráneo como supramediterráneo, en áreas montañosas ou chairas, con ou sen cobertura forestal e dende o nivel do mar até os 1.400 metros, localizandose a maioría dos refuxios entre os 400 a 1.100 m.

Ameazas

Como ocorre no resto de especies cavernícolas, a perda de refuxios e as molestias humanas durante os períodos críticos de reprodución e hibernación son as principais causas de desaparición das colonias, sendo especialmente sensible aos peches dos refuxios mediante reixas, empregadas a miúdo para protexer o patrimonio arqueolóxico ou para a seguridade das persoas.

Véxase tamén

Bibliografía

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Morcego das covas: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O morcego das covas (Miniopterus schreibersii), é un morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae.

A posición taxonómica do xénero Miniopterus está en discusión, algúns autores sitúano dentro dunha familia propia, Miniopteridae, pero estudos máis recentes inclúeno como subfamilia dentro de Vespertilionidae. É a única especie de morcego europeo que presenta implantación diferida do blastocito.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician