Alcaligenes é un xénero de bacterias gramnegativas, aerobias, con forma de bacilo. Comprende especies móbiles con flaxelos xeralmente peritricos, e máis raramente especies inmóbiles. Algunhas cepas de Alcaligenes poden realizar a respiración anaerobia, pero no seu medio debe haber nitrato ou nitrito; doutro modo, o seu metabolismo é respiratorio aerobio e nunca fermentativo. O xénero non usa carbohidratos para a súa nutrición. Viven nos solos e auga, e tamén sobre materiais en descomposición e produtos lácteos, e algunhas nos tractos intestinais de vertebrados. Atopáronse tamén en mostras de sangue, urina, feces, oídos, líquido cefalorraquídeo e feridas. Informouse de infeccións zoonóticas procedentes de furóns.[1] Ocasionalmente causan infeccións oportunistas, incluíndo a septicemia nosocomial.[2][3]
Algunhas especies de Alcaligenes foron utilizadas para a produción industrial de aminoácidos non estándar A. eutrophus tamén serve para producir o biopolímero polihidroxibutirato.
Especies de Alcaligenes foron atopadas cada vez con máis frecuencia en pacientes de fibrose quística. Nestes pacientes a especie identificada maiormente foi Alcaligenes xylosoxidans.[4]
A. faecalis é a especie tipo. É móbil, flaxelada, fina e un pouco curvada, non forma esporas, ten crecemento lento, non fermenta nin se encapsula, e é aerobia e gramnegativa. A. faecalis pode oxidar o arsenito a arsenato.[5] Esta especie atópase principalmente no tracto gastrointestinal, onde vive como un saprófito inofensivo no 5 ao 19% da poboación normal. Alcaligenes faecalis causa septicemia nosocomial, orixinada en hemodiálises ou fluídos intravenosos contaminados, en pacientes inmunocomprometidos.[3] A infección sistémica por este organismo é moi rara, pero pode producir sepse, meninxite, peritonite, febre entérica, apendicite, cistite, otite, abscesos, artrite, pneumonite, e endocardite. Foi asociada con desenlaces finais mortais porque é resistente a varios dos antibióticos usados comunmente.[6]
Alcaligenes é un xénero de bacterias gramnegativas, aerobias, con forma de bacilo. Comprende especies móbiles con flaxelos xeralmente peritricos, e máis raramente especies inmóbiles. Algunhas cepas de Alcaligenes poden realizar a respiración anaerobia, pero no seu medio debe haber nitrato ou nitrito; doutro modo, o seu metabolismo é respiratorio aerobio e nunca fermentativo. O xénero non usa carbohidratos para a súa nutrición. Viven nos solos e auga, e tamén sobre materiais en descomposición e produtos lácteos, e algunhas nos tractos intestinais de vertebrados. Atopáronse tamén en mostras de sangue, urina, feces, oídos, líquido cefalorraquídeo e feridas. Informouse de infeccións zoonóticas procedentes de furóns. Ocasionalmente causan infeccións oportunistas, incluíndo a septicemia nosocomial.
Algunhas especies de Alcaligenes foron utilizadas para a produción industrial de aminoácidos non estándar A. eutrophus tamén serve para producir o biopolímero polihidroxibutirato.
Especies de Alcaligenes foron atopadas cada vez con máis frecuencia en pacientes de fibrose quística. Nestes pacientes a especie identificada maiormente foi Alcaligenes xylosoxidans.
A. faecalis é a especie tipo. É móbil, flaxelada, fina e un pouco curvada, non forma esporas, ten crecemento lento, non fermenta nin se encapsula, e é aerobia e gramnegativa. A. faecalis pode oxidar o arsenito a arsenato. Esta especie atópase principalmente no tracto gastrointestinal, onde vive como un saprófito inofensivo no 5 ao 19% da poboación normal. Alcaligenes faecalis causa septicemia nosocomial, orixinada en hemodiálises ou fluídos intravenosos contaminados, en pacientes inmunocomprometidos. A infección sistémica por este organismo é moi rara, pero pode producir sepse, meninxite, peritonite, febre entérica, apendicite, cistite, otite, abscesos, artrite, pneumonite, e endocardite. Foi asociada con desenlaces finais mortais porque é resistente a varios dos antibióticos usados comunmente.