A dos triquiúridos (Trichiuridae) é unha familia de peixes teleósteos mariños da orde dos perciformes, e suborde dos escombroideos.[1]
Os peixes desta familia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.[2]
A familia comprende unhas 40 especiess distribuídas polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.[3]
A súa antigüidade nos mares da Terra remóntase ao eoceno.[4][5]
Teñen o corpo extremadamente alongado e fortemente comprimido lateralmente,[6] ao que deben o nome vulgar de sabres,[7][8] ou peixes sabre.[9]
Depredadores, a súa boca e grande, e nas mandíbulas teñen longos dentes afiados de tipo cairo.[3][6]
A aleta dorsal é moi longa, estendéndose todo ao longo do corpo, coa parte de raios brandos máis longa que a parte con raios espiñentos, distinguíbeis ambas as partes por unha marca nalgunhas especies. A aleta caudal é pequena, e algunhas veces está ausente. As aletas pectorais insírense na parte baixa do corpo, e as aletas pectorais, de estaren presentes, son case vestixiais.[3]
Só presentan unha narina a cada lado do fociño.[6]
Algúns deles son comestíbeis, especialmente a especie Trichiurus lepturus.
A familia foi descrita en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque,[1] na súa obra Indice d'ittiologia Siciliana: ossia, Catalogo metodico dei nomi Latini, Italiani, e Siciliani dei pesci che si rinvengono in Sicilia disposti secondo un metodo naturale e seguito da un appendice che contiene la descrizione di alcuni nuovi pesci Siciliani / opuscolo del Signore C. S. Rafinesque Schmaltz, impreso en Messina por Giovanni del Nobolo.
O nome da familia, Trichiuridae, está formado polos elementos do latín científico thichi- e -ur-, tirados da raíz do xenitivo do nome do grego antigo θρίξ τριχός thríx, trichós "pelo", "cabelo", e a voz οὐρά ourá, "cola", coa desinencia -idae, "semellantes", plural de -ideus e derivada do grego antigo ειδης eidēs, de είδος eídos, "aspecto", "aparencia", propia dos nomes das familias de animais.
Segundo o WoRMS e o ITIS, a familia comprende 10 xéneros, agrupados en tres subfamilias:[1][10]
Familia Trichiuridae
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil durante o eoceno, no terciario inferior.[4][5]
Nas augas galegas son frecuentes as especies Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) e Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758.[9]
A dos triquiúridos (Trichiuridae) é unha familia de peixes teleósteos mariños da orde dos perciformes, e suborde dos escombroideos.
Os peixes desta familia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.
A familia comprende unhas 40 especiess distribuídas polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
A súa antigüidade nos mares da Terra remóntase ao eoceno.