Os Parabasalia ou parabasálidos son un grupo de protistas flaxelados dentro do subgrupo dos Excavata. A maioría destes organismos establecen realcións simbióticas con animais; e entre eles hai diversas especies que se encontran nos intestinos de térmites[1] e cascudas. Outras especies deste supergrupo son parasitas e inclúen a patóxenos humanos.
Os flaxelos están dispostos formando un ou máis grupos preto da parte anterior da célula. Os seus corpos basais están ligados a fibras parabasais que se unen a un prominente aparato de Golgi, que é distintivo deste grupo. Xeralmente tamén teñen unha lámina de microtúbulos cruzados que discorre polo centro da célula e nalgúns casos proxéctase alén do final da célula, que se denomina axostilo, pero é diferente en estrutura dos axostilos que teñen as oximónadas.
Os parabasálidos son anaeróbicos, e carecen de mitocondrias, pero isto débese a unha perda secundaria na evolución, e conteñen no seu lugar pequenos hidroxenosomas, que parece que se orixinaron a partir da redución das mitocondrias.[2] Reliquias similares atopáronse noutros flaxelados amitocondriados, e os parabasálidos están probablemente relacionados con eles, formando o grupo denominado metamónadas. Carecen das fendas para a alimentación que presentan a maioría dos outros, mais isto pode ser tamén unha perda secundaria.
Os paabasálidos actualmente están divididos en 10 ordes.
Os Parabasalia ou parabasálidos son un grupo de protistas flaxelados dentro do subgrupo dos Excavata. A maioría destes organismos establecen realcións simbióticas con animais; e entre eles hai diversas especies que se encontran nos intestinos de térmites e cascudas. Outras especies deste supergrupo son parasitas e inclúen a patóxenos humanos.