A alacha,[2] lacha,[3][4] sardinela lombuda,[4] ou sardinela atántica,[4], son varios dos nomes con que en Galicia se coñece a especie Sardinella aurita, Valenciennes 1847, peixe mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos semellante á sardiña e á zamborca.
Ten o corpo alongado, fusiforme, de ata 30 cm de lonxitude e coloración azulada cunha conspicula liña amarela ao longo dos flancos que frecuentemente desaparece despois de morto. Os adultos teñen unha pequena mancha negra característica detrás do opérculo e, frecuentemente, a punta da mandíbula, a lingua e a cámara branquial escuras.[5]
Vive no Atlántico oriental, desde o estreito de Xibraltar e o mar Mediterráneo (onde a súa presenza é esporádica) [5] ata Suráfrica, e no occidental, desde os Estados Unidos ata á Arxentina.
É unha especie peláxica, migradora, gregaria, que forma cardumes frecuentemente asociado ás sardiñas, buscando as augas máis frías e salgadas onde abunda o alimento; en verán, aproxímase ao litoral, e en inverno volve ás augas máis profundas de alta mar.[5]
Péscase e comercialízae igual que a sardiña, pero a súa carne é menos graxa e ten numerosas espiñas longas e finas.[5]
Utilízase para a elaboración de conservas de sardiña, pero na etiquetaxe debe indicarse claramente o nome común e científico, para diferenciala ante o consumidor da sardiña verdadeira. Forma parte das denominadas conservas de produtos tipo sardiña xunto a unha longa lista de especies semellantes e comercializadas e presentadas de forma similar ás conservas de sardiña [6].
A alacha, lacha, sardinela lombuda, ou sardinela atántica,, son varios dos nomes con que en Galicia se coñece a especie Sardinella aurita, Valenciennes 1847, peixe mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos semellante á sardiña e á zamborca.