Chaetophractus é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos.
Inclúe tres especies de armadillos suramericanos,[1] coñecidos na bibliografía internacional como armadillos peludos.
Habitan en Chile, Bolivia, Paraguai e Arxentina.
O xénero foi descrito en 1871 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger en Sitzb. Kaiserl. Akad. Wiss., Wein, 64 (1): 268.[1]
A especie tipo era Dasypus villosus (Desmarest, 1804), hoxe clasificada como Chaetophractus villosus (Desmarest, 1804).[1]
Este xénero tamén foi coñecido como Dasyphractus Fitzinger, 1871.[1]
O nome do xénero, Chaetophractus, constríuno Fitzinger co elemento do latín científico chaeto-, derivado do grego antigo χαίτη chaítē, "melena", "cabelos longos", e palabra grega φρακτός pharktós, "armado",[2] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
Literalmente: "os armados pelduos".
Na actualidade recoñécense dentro do xénero as tres especies seguintes:[1][3][4][5]
Porén, o NCBI non recoñece a primeira delas.[6]
Chaetophractus é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos.
Inclúe tres especies de armadillos suramericanos, coñecidos na bibliografía internacional como armadillos peludos.