O camelo bactriano (Camelus bactrianus) é unha especie artiodáctila nativa das estepas de Asia Central. Das dúas especies de camelos que aínda existen, é a menos común.[2] O camelo bactriano caracterízase por ter dúas xibas no lombo no canto dunha soa, en contraste co camelo dromedario. A súa poboación de 2 millóns de exemplares débese principalmente á forma domesticada da especie.[3] Algunhas autoridades, principalmente a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), empregan o nome binomial Camelus ferus para o camelo bactriano salvaxe e reservan Camelus bactrianus para o domesticado. O seu nome provén da antiga rexión histórica de Bactria.[4]
O camelo bactriano (Camelus bactrianus) é unha especie artiodáctila nativa das estepas de Asia Central. Das dúas especies de camelos que aínda existen, é a menos común. O camelo bactriano caracterízase por ter dúas xibas no lombo no canto dunha soa, en contraste co camelo dromedario. A súa poboación de 2 millóns de exemplares débese principalmente á forma domesticada da especie. Algunhas autoridades, principalmente a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), empregan o nome binomial Camelus ferus para o camelo bactriano salvaxe e reservan Camelus bactrianus para o domesticado. O seu nome provén da antiga rexión histórica de Bactria.