Chaetophractus villosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos,[2] unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.[3]
É un armadillo suramericano que habita no sueste de Bolivia, oeste de Paraguai e case toda a Arxentina, en gran diversidade de hábitats: selvas subantárticas, bosques tempeados, sabanas secas e húmidas, pastos subtropicais e tropicais, desertos cálidos, temperados e fríos, terra arábel, plantacións e xardíns.[1]
Segundo investigacións xenéticas, arqueolóxicas e históricas, antes da década de 1930 esta especie non habitaba en Chile nin na Patagonia arxentina austral, xa que a súa área de distribución remataba na marxe norte do río Chubut. Pero a construción de estruturas humanas como estradas, oleodutos e, especialmente, pontes sobre os ríos, ademais de outras alteracións antrópicas durante máis dun século, modificaron as condicións ambientais da rexión, permitíndolle invadir áreas que naturalmente non podería ter conquistado, alcanzando así até o estreito de Magalláns, e incluso foi introducida tamén no sector norte da illa Grande da Terra do Fogo.[4]
Chaetophractus villosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos, unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.
É un armadillo suramericano que habita no sueste de Bolivia, oeste de Paraguai e case toda a Arxentina, en gran diversidade de hábitats: selvas subantárticas, bosques tempeados, sabanas secas e húmidas, pastos subtropicais e tropicais, desertos cálidos, temperados e fríos, terra arábel, plantacións e xardíns.