A dos palpígrados (Palpigradi) é unha pequena orde de arácnidos depredadores que comprende unhas 80 especies.[1]
Son de tamaño diminuto (non miden máis de 3 mm) e áchanse en todo o mundo, excepto nas zonas polares.[2]
Parecen esquizómidos en miniatura porque, como eles, teñen o opistosoma terminado nun longo flaxelo multiarticulado.
A súa cutícula é moi fina, teñen os quelíceros formados por tres artellos acabados en quelas (pinzas) e os pedipalpos son similares a patas. Carecen de ollos, aparato respiratorio e tubos de Malpighi, e os aparatos circulatorio e reprodutor están moi simplificados.
Os palpígrados son endoxeos (solo) ou hipoxeos (covas), hábitats onde encontran a humidade que requiren. Aliméntanse de pequenos habitantes do solo, como colémbolos e ácaros.
A orde foi descrita en 1888 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell na súa obra:
O nome científico Palpigradi está formado polos elementos do latín científico palp-, derivado do latín palpus, 'palpo' (derivado do verbo palpare, 'palpar', 'tocar') e -gradi, do plural de gradus, 'paso', 'marcha', unbidos cun -i- epentético para facilitar a pronuncia.[4]
Segundo J. Hallad (2005) e o ITIS a orde comprende unha superfamilia con dúas familias, cun total de seis xéneros:[5][6]
A dos palpígrados (Palpigradi) é unha pequena orde de arácnidos depredadores que comprende unhas 80 especies.