dcsimg

Buganvílea ( галициски )

добавил wikipedia gl Galician

As buganvíleas[2] son plantas rubideiras pertencentes ao xénero Bougainvillea. Ten 17 especies aceptadas das 35 descritas.[1] Son moi comúns coma rubideiras ornamentais en Galiza, normalmente abeiradas á casa ou gateando por muros ou pérgolas.

Descrición

Son rubideiras espiñentas de porte arbustivo que miden de 1 até 12 m de altura, e que medran en calquera terreo. Ruben por outras plantas usando as súas afiadas pugas que teñen a punta cuberta dunha substancia cerosa negra. Son plantas sempreverdes nas zonas chuviosas todo o ano, ou ben caducifolias nas de estación seca. As follas son alternas, simples e de forma oval-acuminada de 4–12 cm de longo e 2-6 de largo. As flores, hermafroditas, son axilares, conspicuas, tubulares, con 5-6 lóbulos curtos, xeralmente brancas, organizadas en grupos de 3, cada unha insertada nunha bráctea persistente de aspecto papiráceo e habitualmente vivamente coloreada de branco, amarelo, rosado, purpúreo, vermello, alaranxado,... . O número de estames varía de 5 a 10; con filamentos curtos e soldados na base. O ovario é fusiforme, glabro ou pubescente, con estilo lateral curto. O froito é un aquenio pentámero estreito, fusiforme ou cilíndrico.[3]

Taxonomía

Bougainvillea: nome xenérico que foi creado por Philibert Commerson (1727-1773) en honra a Louis Antoine de Bougainville (1729-1811), o mariñeiro e explorador francés que trouxo por vez primeira a planta a Europa dende o Brasil, e de quen era o botánico que o acompañou na súa expedición arredor do mundo de 1766 a 1769. A súa publicación foi obra de Antoine Laurent de Jussieu no seu Genera Plantarum (Jussieu), 91, en 1789.[4][5]

A especie tipo é: Bougainvillea spectabilis Willd..

Notas

Véxase tamén

лиценца
cc-by-sa-3.0
авторски права
Autores e editores de Wikipedia
изворно
посети извор
соработничко мреж. место
wikipedia gl Galician

Buganvílea: Brief Summary ( галициски )

добавил wikipedia gl Galician

As buganvíleas son plantas rubideiras pertencentes ao xénero Bougainvillea. Ten 17 especies aceptadas das 35 descritas. Son moi comúns coma rubideiras ornamentais en Galiza, normalmente abeiradas á casa ou gateando por muros ou pérgolas.

лиценца
cc-by-sa-3.0
авторски права
Autores e editores de Wikipedia
изворно
посети извор
соработничко мреж. место
wikipedia gl Galician