dcsimg

Silaxínidos ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
 src=
Sillago sp

Os Silaxínidos (Sillaginidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, distribuídos polo océano Índico e a costa oeste do Pacífico.

Características

Posúen un corpo moi alongado, con tamaños máximos duns 45 cm, cuberto de pequenas escamas. A boca é pequena e terminal. Teñen dúas aletas dorsais, separadas ou non, a primeira con 9-12 espiñas e a segunda cunha espiña afiada e 16-26 radios brandos. Aleta anal alongada e oposta á segunda dorsal, con 2 espiñas e 15-27 radios brandos. As ventrais insírense á mesma altura cás pectorais ou algo atrasadas. Caudal algo fendida.

 src=
Área de distribución dos Silaxínidos

Son especies bentónicas que se alimentan de organismos do fondo mariño. Algunhas especies críanse en establecementos de acuicultura, en estuarios.

Clasificación

Divídense en 3 xéneros, con 31 especies:

  • Xénero Sillaginodes
  • Xénero Sillaginopsis
  • Xénero Sillago

Véxase tamén

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Silaxínidos: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
 src= Sillago sp

Os Silaxínidos (Sillaginidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes, distribuídos polo océano Índico e a costa oeste do Pacífico.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician