dcsimg

Dictiópteros ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
Non confundir con Dictyoptera (xénero).
 src=
Temnopteryx unha especie da familia Ectobiidae
 src=
Raíña de térmites con soldados

A dos dictiópteros (Dictyoptera), do grego δίκτυον diktyon 'rede' e πτερόν pteron 'á', é unha superorde de insectos que inclúe dúas ordes existentes de insectos polineópteros: a orde Blattodea (térmites e cascudas)[1] e a orde Mantodea (barbantesas), xunto cunha orde extinta, a Alienoptera. Aínda que todos os modernos Dictyoptera teñen ovipositores curtos, os fósiles máis antigos de Dictyoptera téñenos longos, igual que membros dos Orthoptera.

Clasificación e filoxenia

O uso do termo Dictyoptera cambiou cos anos, e aínda que quedou en gran medida en desuso durante a maior parte do último século, está agora utilizándose máis. Foi xeralmente considerado unha superorde, cuxas tres ordes eran Isoptera, Blattodea e Mantodea. Nalgunhas clasificacións, non obstante, Dictyoptera pasa a ter o status de orde e noutras a clase Isoptera está incluída dentro de Blattodea, mentres se mantén Dictyoptera como superorde. En calquera caso, en todas as clasificacións os grupos constituíntes son os mesmos, pero tratados como categorías taxonómicas diferentes. As térmites e cascudas están moi estreitamente relacionadas, e os datos ecolóxicos e moleculares indican unha relación co xénero de cascudas Cryptocercus.[2][3]

Baseándose nas evidencias xenéticas, os parentes vivos máis próximos dos Dictyoptera son os fásmidos e os enigmáticos grupos Mantophasmatodea e Grylloblattodea. Se os Dictyoptera son considerados unha superorde estas tres ordes deberían incluírse nela.[4]

As relacións evolutivas baseadas en Eggleton, Beccaloni & Inward (2007), son as que se mostran no seguinte cladograma:[5] As familias de cascudas Lamproblattidae e Tryonicidae non se mostran, pero están situadas dentro da superfamilia Blattoidea. As familias de cascudas Corydiidae e Ectobiidae eran previamente coñecidas como os Polyphagidae e os Blattellidae.[6]

DictyopteraBlattodeaBlattoidea Termitoidae (Térmites)        

Termitidae

   

Rhinotermitidae

     

Kalotermitidae

       

Termopsidae

   

Hodotermitidae

       

Mastotermitidae

    Cryptocercoidae

Cryptocercidae

     

Blattidae

    Blaberoidea    

Blaberidae

   

Ectobiidae (parte)

     

Ectobiidae (parte)

      Corydiodea

Corydiidae

   

Nocticolidae

         

Mantodea (Barbantesas)

   

Alienoptera

     
 src=
Comportamento deimático da barbantesa Oxyopsis sp.

Notas

  1. Beccaloni, G. W. 2014. Cockroach Species File Online. Version 5.0 World Wide Web electronic publication.
  2. Lo et al., 2000
  3. Legendre, Frederic; et al. (2015). "Phylogeny of Dictyoptera: Dating the Origin of Cockroaches, Praying Mantises and Termites with Molecular Data and Controlled Fossil Evidence". PLOS ONE 10: e0130127. PMC 4511787. PMID 26200914. doi:10.1371/journal.pone.0130127.
  4. Cameron et al., 2006
  5. Eggleton, P., Beccaloni, G. & Inward, D. 2007. Invited reply: Response to Lo et al. Biology Letters, 3(5): 564–565 [Published online 14 August 2007. doi: 10.1098/rsbl.2007.0367]
  6. Beccaloni, G. W.; Eggleton, P. (2011). "Order Blattodea Brunner von Wattenwyl, 1882. In: Zhang, Z.-Q. (Ed.). Animal biodiversity: An outline of higher-level classification and survey of taxonomic richness". Zootaxa 3148: 199–200.

Véxase tmén

Bibliografía

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Dictiópteros: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
Non confundir con Dictyoptera (xénero).  src= Temnopteryx unha especie da familia Ectobiidae  src= Raíña de térmites con soldados

A dos dictiópteros (Dictyoptera), do grego δίκτυον diktyon 'rede' e πτερόν pteron 'á', é unha superorde de insectos que inclúe dúas ordes existentes de insectos polineópteros: a orde Blattodea (térmites e cascudas) e a orde Mantodea (barbantesas), xunto cunha orde extinta, a Alienoptera. Aínda que todos os modernos Dictyoptera teñen ovipositores curtos, os fósiles máis antigos de Dictyoptera téñenos longos, igual que membros dos Orthoptera.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician