O salmón atlántico[Cómpre referencia] (Salmo salar) ou dentón[Cómpre referencia] é un peixe da familia dos salmóns, Salmonidae, que vive no norte do océano Atlántico e nalgúns dos ríos que desembocan nel.
Teñen o corpo fusiforme e dentes ben desenvolvidos. Tódalas aletas, agás as adiposas, teñen unha beira negra. Os salmóns novos teñen pencas azuis e vermella e van collendo un brillo azul prateado ó medraren. Os adultos recoñécense polas pencas negras, que predominan por riba da liña lateral. Cando están na fase reprodutora poden facerse lixeiramente averdegados ou avermellados.
Crían nos ríos de Europa occidental dende o norte de Portugal ata Noruega, Islandia e Groenlandia, nos da costa leste de Norteamérica dende Connecticut nos Estados Unidos ata o norte do Labrador e a zona ártica do Canadá. Exemplares fuxidos dos viveiros teñen sido atopados criando en ríos da costa pacífica na Columbia Británica canadense. No mar atópanse principalmente na costa oeste de Groenlandia e nas rutas migratorias. Calcúlase que o 90% da poboación da especie localízase en Noruega, Islandia, Escocia e Irlanda[2]
Os salmóns desapareceron ou víronse moi reducidos nos seus ríos orixinarios da cunca do atlántico norte, e hoxe moitas poboacións son froito de reintroducións ou de soltas periódicas de crías. O número de animais que se reproducen de xeito natural é moi pequeno. A protección dos seus hábitats naturais e clave par ao éxito destas campañas.
Os salmóns atlánticos seguen unha norma de conduta migratoria que fai que acaden o seu máximo tamaño e peso na auga salgada, volvendo para pór os ovos ós ríos e regatos de augas doces nos que naceron e nos que as crías pasan os seus primeiros estados de desenvolvemento. Non son, porén, dependentes das augas salgadas e numerosas poboacións viven permanentemtne en augas doces, completando todas as súas fases vitais sen problemas.
A duración da etapa nas augas doces vai de 1 a 4 anos, segundo a localización do río de nacemento do salmón. Os exemplares que nacen en ríos máis setentrionais pasan máis anos nestes. A idade media de permanencia está relacionada coa temperatura.
Durante a fase de cría os salmóns permanecen na área de eclosión dos ovos, manténdose dos restos nutritivos da xema. Nesta fase medran para converterse en cazadores activos. Acadado este punto poden desprazarse para buscaren comida, buscando áreas de gran concentración de presas. A fase final nas augas continentais serve para prepararse para a viaxe ó mar. Durante todo este tempo son á súa vez presa habitual doutros cazadores, calculándose que só as troitas xa devoran ó redor dun 40% de tódalas crías de salmón.
A viaxe cara ó océano adoita comezar entre mai e xuño e dura uns 28 días, nos que os salmóns son presa habitual de peixes meirandes coma o lucio e das gaivotas. Fan unha estancia de aclimatación nos estuarios dos ríos, para afacerse á salinidade do mar, abandonándoos cando están xa adaptados. No mar sofre nun crecemento rápido durante un período que vai do ano ós catro anos. En xeral o destino da súa migración é a plataforma continental do oeste de Groenlandia. Nesta época son obxecto de pesca e son tamén presa habitual de tabeiróns, bacallaus e outros peixes. Os salmóns de máis duns 250 gramos son grandes de máis para serviren de presa a moitos peixe se ás aves, polo quen esta época o perigo meirande son as focas. A supervivencia nesta étapa calcúlase entre o 14 e o 53%.
Cando acadan o talle suficiente inician a viaxe de retorno ós seus ríos nativos. En chegando ó destino, deixan de comer completamente antes da freza. Non se coñecen de certo os mecanismos de orientación que lles permiten regresar ós eu lugar de nacemento, e tense suxerido que as técnicas olfactivas xogarían un rol importante neste proceso.
Axiña que acaban de absorber o saco vitelino comezan a cazar, empezando por pequenos invertebrado ser, cando van medrando, chegando a atrapar peixiños. Durante a época oceánica capturan presas meirandes coma peixes de ata o talle dun arenque, cefalópodos, anfípodos e gambas, que cachan tanto no substrato mariño coma nas correntes. Nesta época o seu talle aumenta moito.
Malia que se di que nalgunhas fases do seu desenvolvemento son territoriais, este punto non está aclarado. Poden ser agresivos contra outros exemplares da especie, pero tamén forman bancos, especialmente cando está na entrar no mar. Os salmóns atlánticos adultos son máis agresivos cá outras especies de salmón en as zonas nas que foron introducidos poden atacar a especies nativas semellantes. Coma o salmón chinook americano.
A diferenza das especies de salmón do Pacífico non sempre morren despois de reproducirse e poden refacerse e volveren ó mar, e mesmo facer varias viaxes.[3] a migración e a reprodución son, porén, un esforzo fisiolóxico enorme, polo que os casos de máis dunha reprodución non son o máis habitual.[3]
O salmón foi obxecto intensivo de pesca durante anos, pero arestora a pesca de exemplares salvaxes ten pouca importancia comercial, a causa da redución numérica da especie no seu estado natural, e supón só o 0.5% de todo o salmón comercializado. O resto son produto da cría en catividade sobre todo en Chile, Canadá, Noruega, Rusia, o Reino Unido e Tasmania.
Ovos e esperma obtidos de exemplares adultos anestesiados, son mesturados e déixanse posteriormente en tanques especiais. Algunhas investigacións estudiarion mesmo a crioxenización dos ovos.[4] Os salmóns recen nados adoitan mantérse en tanques de auga doce de 12 a 20 meses, para ser transportados á augas costeiras salgadas nas que pasa nuns dous anos.[3] Os viveiros adoitan estar cerrados por dúas redes: unha interior para evitar a fuxida dos salmóns e outra interior para evita-la entrada de depredadores.
Os salmóns escapados das cedeiras marítimas son acusados de reducira capacidade xenética da especie en a costa occidental de Norteamérica son considerados unha ameaza para os salmóns locais, polo que se fan esforzos para minimizar o número de escapes.
cando se descubriron, nos anos 1950, os bancos de salmón de Groenlandia e as Illas Feroe. Estableceuse unha grande industria pesqueira, que causou unha forte redución do número de salmóns: entre 1979 e 1990, as capturas baixaron de 4 millóns a só 700,000.[5] A pesca excesiva, a perda de hábitat e os escapes son as ameazas meirandes para as poboacións salvaxes da especie.
A NASCO, siglas en inglés da "Organización para a conservación do salmón do Atlántico norte" é un organismo internacional con sede na cidade escocesa de Edimburgo no que se agrupan Canadá, Dinamarca, a Unión Europea, Islandia, Noruega, Rusia e os Estados Unidos, e que foi establecido en 1983, para protexer os bancos de salmón atlántico, mediante a protección dos seus hábitats e a promoción da conservación da especie.
Recibiron os eu nome científico do zoólogo e taxonomista Carl von Linné en 1758. O nome, Salmo salar,é de orixe latina. "Salmo" é a forma nesta lingua do nome do peixe e "salar", significa "saltador".[6]
O salmón atlántico[Cómpre referencia] (Salmo salar) ou dentón[Cómpre referencia] é un peixe da familia dos salmóns, Salmonidae, que vive no norte do océano Atlántico e nalgúns dos ríos que desembocan nel.