dcsimg
Image de Crevette géante tigrée
Life » » Animaux » » Arthropodes » » Multicrustacea » Malacostraca » » Decapoda » » Penaeidae »

Crevette Géante Tigrée

Penaeus monodon Fabricius 1798

Penaeus monodon ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A gamba xigante[3] (Penaeus monodon) é unha especie de crustáceo decápodo mariño da familia dos peneidos, amplamente criado en acuicultura para a alimentación, e unha das coñecidas en castelán nos supermercados como langostino tigre ou langostino jumbo.

Máis de 900 000 t deste crustáceo consómense cada ano, dous terzos das cales proveñen da acuicultura, principalmente do sueste asiático.

Taxonomía

A especie Penaeus monodon foi descrita por primeira vez por Johan Christian Fabricius en 1798. Porén, este nome foi esquecido durante moito tempo, até 1949, cando Lipke Holthuis aclarou que especies se refería.[4]

Holthuis tamén demostrou que P. monodon era a especie tipo do xénero Penaeus.[4]

Características

Ambos os sexos alcanzan uns 36 cm de lonxitude, e as femias poden alcanzar un peso de 650 g, polo que é o lagostino máis grande do mundo.

Distribución

A súa área de distribución natural é a rexión Indo-Pacífica, desde as costas orientais de África e Arabia, até o sueste asiático e o mar do Xapón.
Tamén pode acharse en Australia, e un pequeno número de espécimes colonizou o mar Mediterráneo vía canal de Suez.

Ademais algunhas poboaciones invadiron as costas de Hawai e o océano Atlántico, nas costas de Estados Unidos (Florida, Xeorxia e Carolina do Sur).

Nome galego

Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multiligüe propoñen como nome galego para esta especie o de gamba tigre jumbo, co sinónimo gamba xigante.[5]

Acuicultura

 src=
Penaeus monodon conxelado, cultivado nos sueste asiático, presente en todos os mercados.

Penaeus monodon é especie de lagostino máis amplamente cultiuvada no mundo, aínda que pouco a puoco está perdendo terreo fronte a Litopenaeus vannamei.[2]

En 2009 producíronse un total de 770 000 t, que alcanzaron un valor no mercado de 3.650.000.000 dólares.

Enfermidades nos cultivos

As condicións de promiscuidade e de hixiene da cría industrial facilitan o contaxio viral.[6]

Desde os anos 1990 tratouse de comprender a xenética destes virus, para poder reprimilos.[7]

Foron identificados cinco virus principais como causa de mortandades importantes nos cultivos do sueste asiático.[8]

Así, a produción taiwanesa, despois de ter un espectacular aumento (pasando de 270 t en 1976 a 95 000 t en 1987), caeu a 30 000 t en razón da importante mortandade nos cultivos a finais dos anos 1980. Desde entón, os acuicultores taiwaneses non lograron alcanzar a mesma produtividade.[8]

Mortandades en masa de orixe viral tamén se produciron en países moi avanzados tecnoloxicamente e tamén en materia de acuicultura.[9]

Algúns destes virus son patóxenos bastante xeralistas (afectan a outros peneidos, e tamén a moitas especies de moluscos). Outros parecen que afectan máis especificamente a esta especie.

Consumo sustentábel

En 2010, Greenpeace engadiu a Penaeus monodon na súa lista vermella de mariscos —unha lista dos peixes, moluscos e crustáceos que comunmente se venden nos supermercados de todo o e que teñen un risco moi alto de seren orixinarios de pesca insustentábel.[10]

As razóns esgrimidas por Greenpeace foron "a destrución de vastas áreas de mangleiros en varios países, exceso de pesca de individuos xuvenís salvaxes para a subministración de granxas de cultivo".[10]

Notas

  1. Penaeus monodon Fabricius, 1798 no ITIS.
  2. 2,0 2,1 "Species Fact Sheets: Penaeus monodon (Fabricius, 1798)". FAO Species Identification and Data Programme (SIDP). FAO.
  3. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 122. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  4. 4,0 4,1 L. B. Holthuis (1949): "The identity of Penaeus monodon Fabr." Proceedings of the Koninklijke Nederlandse Akadademie van Wetenschappen 52 (9): 1051–1057. Ver en PDF
  5. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. p. 231.
  6. Lightner, D. V. (1993): "Diseases of cultured penaeid shrimp" en McVey, J. P. (ed.) CRC Handbook of Mariculture, 2nd edn, Vol 1, Crustacean aquaculture. Boca Ratón, California: CRC Press. pp. 393-486
  7. Bonami, J. R., Paulos B. & Lightner, D. (1993): "Preliminary characterization and partial cloning of the genome of a baculovirus from Penaeus monodon (PmSNPV = MBV)". Dis. aquat. Org. 16: 207-215
  8. 8,0 8,1 T. W. Flegel (1997): "Major viral diseases of the black tiger prawn (Penaeus monodon) in Thailand", World Journal of Microbiology and Biotechnology 13 (4): 433-442.
  9. Inouye, K., Miwa, S., Oseko, N., Nakano, H. & Kimura, T. (1994): "Mass mortalities of cultured kuruma shrimp, Penaeus japonicus, in Japan in 1993: electron microscopic evidence of the causative virus". Fish Pathol. 29: 149-158.
  10. 10,0 10,1 Greenpeace International Seafood Red list Greenpeace.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazons externas

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Penaeus monodon: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A gamba xigante (Penaeus monodon) é unha especie de crustáceo decápodo mariño da familia dos peneidos, amplamente criado en acuicultura para a alimentación, e unha das coñecidas en castelán nos supermercados como langostino tigre ou langostino jumbo.

Máis de 900 000 t deste crustáceo consómense cada ano, dous terzos das cales proveñen da acuicultura, principalmente do sueste asiático.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician