Platycercus eximius unha especie de ave psitaciforme da familia Psittaculidae endémica do sueste de Australia, onde se coñece como eastern rosella, incluída Tasmania.[2] Foi introducido a Nova Zelandia onde estableceu poboacións estables. Os machos teñen a plumaxe de cores lixeiramente máis intensas que as femias. Aliméntase de froitos, sementes, flores e insectos.[3]
A ave mide ao redor duns 30 cm de kargi. Ten a parte superior do peito, o pescozo e a cabeza vermellos, e o papo branco, ademais da base inferior da cola. O seu pico é esbrancuxado e o iris dos seus ollos castaño. A parte inferior do peito é amarela e se difumina até o verde claro do ventre. As plumas do seu dorso e ombreiros son negras cos bordos amarelos ou amarelo verdosos, que lle dan unha aparencia escamada que varía lixeiramente entre as distintas subespecies e os sexos. Os laterais das ás e cola son azuis, mentres que as plumas centrais da cola son de cor verde escuro. As súas patas son grises. A femia ten un aspecto similar aínda que de tons algo máis apagados e ten unha lista baixo as ás que non teñen os machos. Os xuvenís son de tons máis apagados que as femias e teñen a lista baixo as ás.[3]
Describiuno cientificamente George Shaw en 1792. Anteriormente considerábase unha subespecie do P. adscitus, que tamén ten as fazulas brancas.[4] Rexistráronse híbridos entre ambos os taxons na zona de contacto entre as súas áreas de distribución no nordés de Nova Gales do Sur e o sueste de Queensland.[5]
Recoñécense tres subespecies [3]
É unha especie nativa do sueste de Australia, incluída a illa de Tasmania. O seu hábitat natural son os bosques abertos, os campos lixeiramente arboredos, as zonas de matogueira, e tamén se atopa nos parques e xardíns de zonas suburbanas. a especie está naturalizada en Nova Zelandia.[6]
Aliméntase de sementes de herbáceas e froitos.
A súa época de cría ten lugar na primavera e os comezos de verán austrais, entre agosto e xaneiro. Adoitan criar unha soa nidada. Xeralmente aniñan nun oco dunha árbore, normalmente de ao redor de 1 m de profundidade, e a unha altura de até 30 m do chan. A posta adoita ter entre cinco e seis ovos (aínda que se rexistraron até nove). Os seus ovos son brancos, redondeados, lixeiramente brillantes e miden 26 x 22 mm.[4]
Son mascotas cobizadas debido ao fermoso colorido da súa plumaxe. Son aves intelixentes e que se poden adestrar para asubiar un gran repertorio de melodías, e mesmo poden aprender a pronunciar algunhas palabras. Os rosellas poden ser boas aves de compañía pero requiren unha gran cantidade de coidados e atención, ademais de dispositivos e xoguetes para mantelos estimulados mentalmente. Son aves silvestres que non sempre se adaptan a vivir como a mascota dunha familia, e mesmo os pericos criados a man nunca están completamente domesticados. Xeralmente non toleran as caricias nin os aloumiños e adoitan reaccionar picando cando se tenta manipulalos así. Moitos criadores creen que a mellor forma de manter a este tipo de aves é en grandes aviarios onde poidan voar libremente, por parellas para poder cubrir as súas necesidades sociais e cunha interacción con humanos mínima. Aínda que adoitan mostrarse agresivos con outras especies de aves polo non se debe tratar de integralos a aviarios mixtos. [Cómpre referencia]
Platycercus eximius unha especie de ave psitaciforme da familia Psittaculidae endémica do sueste de Australia, onde se coñece como eastern rosella, incluída Tasmania. Foi introducido a Nova Zelandia onde estableceu poboacións estables. Os machos teñen a plumaxe de cores lixeiramente máis intensas que as femias. Aliméntase de froitos, sementes, flores e insectos.