dcsimg

Tympanuchus ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

Tympanuchus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.[2]

O xénero comprende tres especies,[2] na Lista vermella da UICN.[3][4][5] que viven en América do Norte, econtrándose en diferentes tipos de pradarías.

Características

As tres especies, estreitamente relacionadas filoxeneticamente, son moi similares. De rexa constitución corporal, igual que as doutros galiformes, como as galiñas, son os tetraoninos de menor tamaño, xa que miden entre os 40 e 43 cm de lonxitude. Os machos son maiores que as femias. Teñen plumas nos orificios nasais. As patas están tamén emplumadas até as dedas, e teñen plumas ou pequenas escamas nos lados, unha adaptación para camiñar sobre a neve e enterrarse nela como refuxio. A diferenza doutros galiformes, non teñen esporóns. Na exhibición de cortexo nos "leks", pequenos territorios abertos nos que os machos, na época de celo, intentan desprazar aos seus competidores, a chamar a atención das femias, emiten sons e bailan coa cabeza estendida cara a adiante, coa cola despregada e cos rechamantes "sacos" do pescozo inflados (como se ve na foto adxunta).[6]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1841 polo zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía, Constantin Wilhelm Lambert Gloger.[2]

Etimoloxía

O termo Tympanuchus está formado polos elementos do latín científico tymmphan- e -uchus, ambos os dous derivdos de voces do grego antigo. O primeiro de τύμπανον týmpanon, 'tambor', 'timbal' (derivado do verbo τύπω týmpō, 'golpexar'​). E o segundo do verbo ἧχος ểchos, 'ruído', 'estrondo', en referencia aos sacos membranosos do pescozo dos machos, e ao ruído que poducen.[7]

Sinónimo

Ademais do nome actual, válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Pedioecetes Baird, 1858

Especies

Notas

  1. Tympanuchus Gloger 1841 en Fossilworks.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Tympanuchus Goger, 1841 no ITIS.
  3. IUCN (2016-10-01). "Tympanuchus cupido: BirdLife International: The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T22679514A92817099" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2016-3.rlts.t22679514a92817099.en.
  4. IUCN (2016-10-01). "Tympanuchus phasianellus: BirdLife International: The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T22679511A92816912" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2016-3.rlts.t22679511a92816912.en.
  5. IUCN (2018-08-07). "Tympanuchus pallidicinctus: BirdLife International: The IUCN Red List of Threatened Species 2018: e.T22679519A131795740" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2018-2.rlts.t22679519a131795740.en.
  6. Storch, Ilse & Bendell, J. F. (2003): "Grouse". En Perrins, Christopher. The Firefly Encyclopedia of Birds. Richmond Hill, Ontario, Canada: Firefly Books. pp. 184–187. ISBN 1-5529-7777-3.
  7. Tympanuchus no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.

Véxase tamén

Bibliografia

  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain and Cambridge, UK.: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Tympanuchus: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

Tympanuchus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.

O xénero comprende tres especies, na Lista vermella da UICN. que viven en América do Norte, econtrándose en diferentes tipos de pradarías.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician