dcsimg

Cycas ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Cycas é o xénero tipo e o único xénero recoñecido na familia Cycadaceae. Acéptanse 95 especies neste xénero. A primeira especie de cícada descrita foi Cycas circinalis, endémica da India, e foi a especie tipo do nome xenérico Cycas. A especie máis coñecida é Cycas revoluta, que se cultiva moito co nome de "falsa palma" debido ao seu aspecto de palma (pero non ten que ver taxonomicamente coas palmeiras ou Arecaceae).

O xénero é nativo do Vello Mundo, coas especies concentradas arredor das rexións ecuatoriais do leste e sueste de Asia, incluíndo as Filipinas con 10 especies (9 das cales son endémicas), leste de África (incluíndo Madagascar), norte de Australia, Polinesia, e Micronesia. Australia ten 26 especies, mentres que a área de Indochina ten unhas 30. India ten 9 especies. A especie que vive máis ao norte (C. revoluta) encóntrase a 31°N no Xapón meridional. A especie que vive máis ao sur (C. megacarpa) encóntrase a 26°S no sueste de Queensland. Debido á presenza dun gran número de especies de Cycas en China e Australia, estes dous países considéranse os dous centros de diversidade de Cycas.[3]

Estas plantas son dioicas (con plantas macho e femia), e a familia Cycadaceae é singular entre as cícadas polo feito de que non forma conos con sementes nas plantas femias, senón grupos de estruturas parecidas a follas chamadas megaesporófilos que levan sementes nas marxes inferiores, e conos ou estróbilos produtores de pole nas plantas macho.

 src=
Estruturas femininas reprodutoras de C. ophiolitica.
 src=
Megaesporófilos de Cycas media con sementes case maduras nunha planta silvestre do norte de Queensland, Australia.
 src=
Bosquete de Cycas media no norte de Queensland.
 src=
Cycas platyphylla no norte de Queensland con novas follas durante a estación chuviosa, aínda en floración.

O cáudice é cilíndrico, rodeado de bases de pecíolos persistentes. A maioría das especies forman troncos ben aparentes ramificados ou non, pero nalgunhas especies o tronco principal pode ser subterráneo e a coroa de follas parece saír directamente do chan. Teñen dous tipos de follaxe, follas típicas e escamosas. As follas típicas fotosintéticas son pinnadas (ou máis raramente bipinnadas) e dispostas en espiral, con queratinose dura e grosa. Non son permanentes e caen ao chan deixando na planta a base da folla. Os folíolos son articulados, teñen un nervio central pero carecen de nervios secundarios. As follas escamosas son persistentes, de cor marrón e de función protectora. Os megaesporófilos non están reunidos en conos. A polinización é anemófila.

A miúdo estas especies considéranse fósiles viventes, e os primeiros fósiles do xénero Cycas datan do Cenozoico, aínda que fósiles similares a Cycas, que poden considerarse Cycadaceae, poden atoparse xa nos estratos do Mesozoico. O xénero Cycas non está estreitamente relacionado con outros xéneros de cícadas, e os estudos filoxenéticos mostraron que Cycadaceae é o grupo irmán de todas as outras cícadas existentes.

As plantas tardan varios anos en medrar, e a reprodución sexual ten lugar despois de 10 anos de crecemento exclusivamente vexetativo, que ten lugar por medio de bulbilos que se orixinan na base do tronco.

 src=
Cono masculino de Cycas circinalis.

As especies de Cycas están ameazadas en todo o mundo e case todas as especies figuran na lista vermella da IUCN. Cycas beddomei é a única especie do xénero Cycas listada no Apéndice I de CITES. Cycas rumphii e Cycas pectinata son os que teñen unha distribución mundial máis ampla.

Especies seleccionadas

Notas

  1. Kramer, K.U.; (illustrations), P.S. Green ; assisted by E. Götz (1990). Kramer, K.U.; Green, P.S, ed. Pteridophytes and Gymnosperms. Berlin: Springer-Verlag. p. 370. ISBN 978-3-540-51794-8.
  2. 2,0 2,1 2,2 Hill, Ken; Leonie Stanberg and Dennis Stevenson. "The Cycad Pages". Genus Cycas. Royal Botanic Gardens Sydney. Consultado o 6 September 2013.
  3. 3,0 3,1 Kew World Checklist of Selected Plant Families

Véxase tamén

Bibliografía

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Cycas: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Cycas é o xénero tipo e o único xénero recoñecido na familia Cycadaceae. Acéptanse 95 especies neste xénero. A primeira especie de cícada descrita foi Cycas circinalis, endémica da India, e foi a especie tipo do nome xenérico Cycas. A especie máis coñecida é Cycas revoluta, que se cultiva moito co nome de "falsa palma" debido ao seu aspecto de palma (pero non ten que ver taxonomicamente coas palmeiras ou Arecaceae).

O xénero é nativo do Vello Mundo, coas especies concentradas arredor das rexións ecuatoriais do leste e sueste de Asia, incluíndo as Filipinas con 10 especies (9 das cales son endémicas), leste de África (incluíndo Madagascar), norte de Australia, Polinesia, e Micronesia. Australia ten 26 especies, mentres que a área de Indochina ten unhas 30. India ten 9 especies. A especie que vive máis ao norte (C. revoluta) encóntrase a 31°N no Xapón meridional. A especie que vive máis ao sur (C. megacarpa) encóntrase a 26°S no sueste de Queensland. Debido á presenza dun gran número de especies de Cycas en China e Australia, estes dous países considéranse os dous centros de diversidade de Cycas.

Estas plantas son dioicas (con plantas macho e femia), e a familia Cycadaceae é singular entre as cícadas polo feito de que non forma conos con sementes nas plantas femias, senón grupos de estruturas parecidas a follas chamadas megaesporófilos que levan sementes nas marxes inferiores, e conos ou estróbilos produtores de pole nas plantas macho.

 src= Estruturas femininas reprodutoras de C. ophiolitica.  src= Megaesporófilos de Cycas media con sementes case maduras nunha planta silvestre do norte de Queensland, Australia.  src= Bosquete de Cycas media no norte de Queensland.  src= Cycas platyphylla no norte de Queensland con novas follas durante a estación chuviosa, aínda en floración.

O cáudice é cilíndrico, rodeado de bases de pecíolos persistentes. A maioría das especies forman troncos ben aparentes ramificados ou non, pero nalgunhas especies o tronco principal pode ser subterráneo e a coroa de follas parece saír directamente do chan. Teñen dous tipos de follaxe, follas típicas e escamosas. As follas típicas fotosintéticas son pinnadas (ou máis raramente bipinnadas) e dispostas en espiral, con queratinose dura e grosa. Non son permanentes e caen ao chan deixando na planta a base da folla. Os folíolos son articulados, teñen un nervio central pero carecen de nervios secundarios. As follas escamosas son persistentes, de cor marrón e de función protectora. Os megaesporófilos non están reunidos en conos. A polinización é anemófila.

A miúdo estas especies considéranse fósiles viventes, e os primeiros fósiles do xénero Cycas datan do Cenozoico, aínda que fósiles similares a Cycas, que poden considerarse Cycadaceae, poden atoparse xa nos estratos do Mesozoico. O xénero Cycas non está estreitamente relacionado con outros xéneros de cícadas, e os estudos filoxenéticos mostraron que Cycadaceae é o grupo irmán de todas as outras cícadas existentes.

As plantas tardan varios anos en medrar, e a reprodución sexual ten lugar despois de 10 anos de crecemento exclusivamente vexetativo, que ten lugar por medio de bulbilos que se orixinan na base do tronco.

 src= Cono masculino de Cycas circinalis.