O armadillo de seis bandas[1] (Euphractus sexcinctus) é unha especie de mamífero placentario da orde do cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos, a única do xénero Euphractus.
É endémica de Arxentina, Bolivia, Brasil, Uruguai e Paraguai, contando tamén con poboacións illadas en Suriname. O seu corpo é usualmente de cor amarelada, ao que debe un dos seus nomes vulgares, armadillo amarelo (outro é armadillo de seis bandas), aínda que localmente se coñece tamén, nos países de fala castelá, como tatú poyú e tatú peludo.
O armadillo amarelo ocupa moitos hábitats de selvas e de pasteiros, principalmente de áreas abertas, como nas planicies do cerrado brasileiro.
Euphractus sexcinctus está presente nunha ampla zona de América do Sur, desde o sur de Suriname e o norte do Brasil, e en Bolivia, Paraguai, Uruguai, até o norte de Arxentina.[2] Non se encontra, porén, na provincia de Buenos Aires[3][4]
Durante máis de 20 anos pensouse que había unha poboación disxunta na fronteira entre Brasil e Suriname.[5] Pero estudos recentes realizados no norte de Brasil confirman a presenza de Euphractus sexcinctus en Maranhão,[6] Amapá,[7] e noutras partes do norte de Brasil,[8][9] no noroeste,[10] e no centro e o leste de Pará.[11][12] A maioría destes rexistros encóntranse no cerrado e a sabana amazónica. A presenza desta especie no Perú debe ser confirmada. Habita desde o nivel do mar até polo menos os 1 600 m de altura.[13]
É un mamífero solitario, terrestre e omnívoro, alimentándose dunha ampla gama de materias vexetais e animais.
Protéxese en covas. Ao contrario da maioría das especies de armadillos, é máis diúrno que nocturno.[14]
O xénero Euphractus foi descrito en 1830 polo herpetólogo alemán Johann Georg Wagler, en Naturliches Syst. Amphibien: 36.[15]
A súa única especie, Euphractus sexcinctus, fora descrita en 1785 por Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae, baiuxo o nome de Dasypus sexcinctus.[16]
O nome do xénero, Euphractus, está formado polo elemento do latín científico eu-, calco do grego antigo εύ- eú-, do adverbio εὖ eǘ, "ben", e a palabra grega φρακτός pharktós, "armado"; literalmente: "o ben armado",[17] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
O xénero Euphractus, ademais deste nome que lle adxudicou Wagler, coñeceuse tamén polos sinónimos:[15]
En canto á especie, ademais de polo nome Dasypus sexcinctus que lle dera Linneo, e do actualmente válido, tamén se coñeceu como:[16]
Na actualidade recoñécense, dentro de Euphractus sexcinctus as catro subespecies seguintes:[16]
Desde o ano 2006 e até a actualidade (2016), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificando o status desta especie como NT (medianamente ameazada), debido á súa ampla distribución, suposta poboación grande, a que vive en numerosas áreas protexidas, á súa tolerancia a un certo grao de modificación do seus hábitats e porque é pouco probábel que estea declinando rapidamente a súa poboación como para cualificar o seu status nunha categoría ameazada. Porén, debido á pequena cantidade de áreas onde vive na sabana amazónica, a crecente ocupación humana e o avance das grandes empresas, as poboacións naturais ao norte do río Amazonas, na rexión norte de Brasil, deben ser controladas no futuro.[13]
O armadillo de seis bandas (Euphractus sexcinctus) é unha especie de mamífero placentario da orde do cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos eufractinos, a única do xénero Euphractus.
É endémica de Arxentina, Bolivia, Brasil, Uruguai e Paraguai, contando tamén con poboacións illadas en Suriname. O seu corpo é usualmente de cor amarelada, ao que debe un dos seus nomes vulgares, armadillo amarelo (outro é armadillo de seis bandas), aínda que localmente se coñece tamén, nos países de fala castelá, como tatú poyú e tatú peludo.