O Cercocebus torquatus é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae que se atopa as selvas do Camerún, a República do Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial e Nixeria.[2]
O seu tamaño é duns 65 centímetros ós que se engade unha longa cola. Pesa até 12 kg.[3] A cor do seu pelo é gris nas zonas dorsais e branco na zona ventral. Ten un característico chapeu formado por pelo de cor avermellada. Habita na selva tropical formando pequenos grupos de até 15 individuos. A súa alimentación está baseada nos vexetais aínda que non rexeita os insectos, os ovos e ocasionalmente a prea. É un animal cun comportamento social complexo no que se inclúen gran número de expresións faciais e de voces diferentes.
O Cercocebus torquatus é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae que se atopa as selvas do Camerún, a República do Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial e Nixeria.
O seu tamaño é duns 65 centímetros ós que se engade unha longa cola. Pesa até 12 kg. A cor do seu pelo é gris nas zonas dorsais e branco na zona ventral. Ten un característico chapeu formado por pelo de cor avermellada. Habita na selva tropical formando pequenos grupos de até 15 individuos. A súa alimentación está baseada nos vexetais aínda que non rexeita os insectos, os ovos e ocasionalmente a prea. É un animal cun comportamento social complexo no que se inclúen gran número de expresións faciais e de voces diferentes.