O cabalo salvaxe (Equus ferus) é unha especie do genus Equus, que inclúe ás subespecies do cabalo doméstico e as non domésticas tarpán e cabalo de Przewalski. O tarpán extinguise no século XIX, pero o cabalo de Przewalski foi salvado e reintroducido satisfactoriamente en liberdade. O posible antergo do cabalo doméstico foi o tarpán, que vivía nas estepas de Eurasia no tempo da domesticación.[2][3] Porén, outras subespecies de Equus ferus puideron ter existido o antergo do que descenden os cabalos domésticos.[4] Dende a extinción do tarpán, realizáronse numerosos intentos de reconstruír o fenotipo, dando as razas de cabalos Konik e o cabalo de Heck. Estas razas de cabalo non son consideradas cabalos salvaxes xa que proveñen substancialmente de cabalos domésticos.
O termo "cabalo salvaxe" é usado coloquialmente para referirse ás manda de cabalo silvestre como os Mustang dos Estados Unidos ou os Brumby de Australia. Estes cabalos silvestres son membros indómitos da subespecie cabalo doméstico (Equus ferus caballus), e non deben ser confundidos coas dúas subespecies de cabalos verdadeiramente "salvaxes".
E. ferus tivo numerosas subespecies. Só tres sobreviviron ata tempos modernos:[5]
O dous últimos son os dous únicos grupos que nunca foron domesticados.[4] Porén, outras subespecies de Equus ferus poden ter existido e ser o antergo dos cabalos domésticos.[4]
O cabalo salvaxe (Equus ferus) é unha especie do genus Equus, que inclúe ás subespecies do cabalo doméstico e as non domésticas tarpán e cabalo de Przewalski. O tarpán extinguise no século XIX, pero o cabalo de Przewalski foi salvado e reintroducido satisfactoriamente en liberdade. O posible antergo do cabalo doméstico foi o tarpán, que vivía nas estepas de Eurasia no tempo da domesticación. Porén, outras subespecies de Equus ferus puideron ter existido o antergo do que descenden os cabalos domésticos. Dende a extinción do tarpán, realizáronse numerosos intentos de reconstruír o fenotipo, dando as razas de cabalos Konik e o cabalo de Heck. Estas razas de cabalo non son consideradas cabalos salvaxes xa que proveñen substancialmente de cabalos domésticos.
O termo "cabalo salvaxe" é usado coloquialmente para referirse ás manda de cabalo silvestre como os Mustang dos Estados Unidos ou os Brumby de Australia. Estes cabalos silvestres son membros indómitos da subespecie cabalo doméstico (Equus ferus caballus), e non deben ser confundidos coas dúas subespecies de cabalos verdadeiramente "salvaxes".