Lagenorhynchus obscurus é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos.
É un golfiño altamente gregario e acrobático que habita nas costas do Hemisferio Sur.
A especie foi descrita por John Edward Gray en 1828 na súa obra "Original figures and short systematic descriptions of new and unfigured animals". Spicilegia Zoologica Part 1 , na que lle adxudicou o nome de Clymenia obscura. [2]
Dentro da especie distínguense dúas subespecies:[2]
Ao longo do tempo foi identificado cos sinónimos:[2]
Lagenorhynchus obscurus está estreitamente emparentado xeneticamente con L. obliquidens, do Pacífico norte, pero o consenso científico confirma que son dúas especies diferentes.
Aínda que ambas as especies se ditaban tradicionalmente no xénero Lagenorhynchus, recentes análise de filoxenia molecular indican que están máis relacionadas cos golfiños do xénero Cephalorhynchus.
En efecto, aínda que antigamente o xénero Lagenorhynchus estaba considerado como monofilético, na actualidade estudos e análises xenéticas do citocromo b mitocondrial indican que as especies de Lagenorhynchus non constitúen un grupo natural, senón que é parafilético.
De confirmarse isto, significaría que as dúas especies deberían transferirse a Cephalorhynchus ou darlles un novo xénero.
Un xénero alternativo, Sagmatias, foi proposto por LeDouc.[3][4]
De lonxitude de curta a mediana en comparación con otras especies da familia.
Hai variación significativa en tamaño entre as diferentes poboacións. Os máis grandes encontráronse nas costas do Perú, con 210 cm de lonxitude e 100 kg de peso.
É facilmente confundido con Lagenorhynchus australis ao observalo na auga.
A poboación da especie descoñecese, pero as autoridades aseguran que a súa supervivencia non está en risco.
Áchase en augas costeiras de Chile, Arxentina, illas Malvinas, Perú, Namibia, costa oeste de Suráfrica e ai redor de toda Nova Zelandia. Tamén hai poboacións residentes en Tasmania e Nova Gales do Sur e en varias illas pequemas do Atlántico sur e do océano Índico. Unha investigación aérea con avistamentos en Patagonia a mediados dos anos 1990 indicou que había unha poboación local de 7.000 individuos.[1]
Poden moverse sobre grandes distancias (hai unha confirmada de 1.440 km. Porén, non se cre que sigan un patrón migratorio.
Fóra das augas costeiras de Perú, o seu principal perigo son os humanos, basicamente pola súa acaptura accidental por redes. A mediados dos anos 1980 uns 400 ou 600 animais foron mortos anualmente na Patagonia atrapados en redes. Posibelmente esta taxa decline debido a regulacións máis severas na industria pesqueira. Porén, en augas peruanas, ademais da captura accidental, hai unha continua e deliberada pesca con redes e arpóns. O número de animais mortos cada ano nesa zona é de miles, e é causa de preocupación dos conservacionistas.[1]
Lagenorhynchus obscurus é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos.
É un golfiño altamente gregario e acrobático que habita nas costas do Hemisferio Sur.