dcsimg

Palemónidos ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

A dos palemónidos (Palaemonidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos, a máis importante das 8 nas que se subdivide a superfamilia dos palemonoideos (Palaemonoidea).

Características

Son camaróns que teñen o primeiro par de pereiopódos acabados en pinza e o carpo do segundo par de pereiópodos non está subdividido.

É unha familia moi diversificada e numerosa, e contén algunhas especies que son dos decápodos máis estudados, xa que son fáciles de encontrtar no litoral e se poden capturar doadamente.

Adoitan vivir entre as rochas e nas pradería de posidonia, e poden poñer ovos dúas o máis veces no ano, cousa pouco habitual nos decápodos.[1][2]

Sistemática

É unha familia moi extensa. Segundo a lista da ITIS,[3] a familia Palaemonidae (Rafinesque, 1815), que comprende 82 xéneros e 660 especies, subdividídese en dúas subfamilias:

Dos 82 xéneres hai 3 catalogados como incertae sedis:

As especies máis comúns no Atlántico noroiental pertencen á subfamilia dos palemoninos.[4]

Galería

Notas

  1. Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3, pp. 210-213.
  2. Història Natural dels Països Catalans. Enciclopèdia Catalana. Vol 9, "Artròpodes I", pp. 346.
  3. "Palaemonidae". www.itis.gov (en inglés). Consultado o 2020-04-07.
  4. Història Natural dels Països Catalans. pp. 346-347.

Véxase tamén

Outros artigos

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician

Palemónidos: Brief Summary ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

A dos palemónidos (Palaemonidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos, a máis importante das 8 nas que se subdivide a superfamilia dos palemonoideos (Palaemonoidea).

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician