O salgueiro cabuxo[1] (Salix caprea), é unha arboriña follosa e caducifolia oriúnda de Europa e Asia central e occidental.[2] Aparece en Galiza na beira dos regueiros e ríos das montañas orientais de Lugo e Ourense.
É un arbusto ou arboriña de folla caduca, de até 6–12 m, raramente 20 m. As follas teñen 3–12 cm de longo e 2–8 cm de largo, máis largas que na maioría dos salgueiros. As flores son sedosas e suaves, prateadas, candeas de 3–7 cm de longo, que se producen a principios da primavera, antes de que aparezan as follas novas; as candeas están en plantas diferentes (dioicamente). As candeas masculinas maduras son amarelas cando ceiban o pole, as candeas femininos madurecen en verde claro. O froito é unha pequena cápsula de 5–10 mm de longo que contén numerosas sementes miudiñas, de arredor de 0,2 mm, con penacho cotonoso. As sementes cómpren dun chan despexado para xermolaren.[2][3]
O nome científico e o vulgar galego e nas linguas achegadas ao galego, probabelmente derivan da primeira ilustración coñecida da especie no herbario de Hieronymus Bock que data do ano 1546, no que se amosa a planta a ser comida por un cabuxo. A especie foi usada tamén historicamente como forraxe para as cabras, que é ao que pode se referir a ilustración de Bock.[4]
Salix caprea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1020–1021, no ano 1753.[5]
Hai dúas variedades:[2]
O salgueiro cabuxo (Salix caprea), é unha arboriña follosa e caducifolia oriúnda de Europa e Asia central e occidental. Aparece en Galiza na beira dos regueiros e ríos das montañas orientais de Lugo e Ourense.