A chicoria (Cichorium intybus) é unha planta herbácea perenne da familia das asteráceas, de follas ásperas pode acadar o metro de altura, medra en abas pedregosas e terreos estériles sempre que lle dea o sol. Cómense as súas follas tenras e coa súa raíz prepárase unha infusión, tamén denominada chicoria, con propiedades medicinais que se consumiu profusamente ata mediados do século XX.
É unha herba robusta perenne, máis ou menos pubescente, que pode acadar 1 metro de altura. De profunda raíz única, cónica, grosa e pivotante. Amosa numerosas ramificacións; as follas basais son espatuladas, semicarnosas, suavemente dentadas, e as situadas na parte superior do talo se encontran reducidas a brácteas. A floración, entre xullo e setembro, dá lugar a inflorescencias liguladas de cor azul-lila máis ou menos intensa e incluso rosa ou branca, sostidas por un pedúnculo longo, rexo e estriado lonxitudinalmente; a flor ten a particularidade de non se abrir mais que a pleno sol, e seguir a traxectoria de este ao igual que os tornasois. Son hermafroditas, de reprodución autógama a maioría das veces. O froito é un aquenio poligonal, cunha coroa (vilano) moi curta de miúdas escamas.
Dende o século XVII a infusión da súa raíz torrada utilízase coma sucedáneo do café ou como adulterante deste último, un uso particularmente frecuente nas ocasións en que as restricións ao transporte impediron a importación de produtos tropicais e que levou á expansión do seu cultivo durante as Guerras Napoleónicas.
Como vexetal de ensalada o seu uso remóntase só ao século XIX, pois o marcado sabor amargo da intibina que contén fai que as follas maduras non sexan polo xeral aptas para o consumo.
Dende a Idade Media C. intybus emprégase coma menciña; co nome de solsequim aparece xa nas leis agrarias ditadas por Carlomagno. Paracelso recomendábaa en emplastos para as irritacións da pel, e en infusión para tratar enfermidades do sistema dixestivo e do fígado, e como estimulante da bile. Esta planta tamén pode utilizarse para lavaxe de eccemas, aínda que en persoas proclives pode provocar reaccións alérxicas.
Todos os descritos son considerados meros sinónimos.[2]
Cichorium intybus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 813 en 1753.[3]
A chicoria (Cichorium intybus) é unha planta herbácea perenne da familia das asteráceas, de follas ásperas pode acadar o metro de altura, medra en abas pedregosas e terreos estériles sempre que lle dea o sol. Cómense as súas follas tenras e coa súa raíz prepárase unha infusión, tamén denominada chicoria, con propiedades medicinais que se consumiu profusamente ata mediados do século XX.