dcsimg

Maragota ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Maragota

A maragota[1] (Labrus bergylta, Ascanius 1767) é un peixe de mar da familia dos Lábridos. Vive en augas costeiras (até uns 50 m de profundidade) e pódese atopar no Mediterráneo occidental, no Océano Atlántico e, no norte, até a parte oeste do Mar Báltico.

Morfoloxía

O corpo é avultado e está cuberto de escamas grandes e duras. Cabeza de bo tamaño con labios protuberantes. Está dotado dunha aleta dorsal, con até 21 espiñas radiais e unha decena de espiñas menores; aleta anal con tres espiñas radiais e outra decena de espiñas menores e, finalmente, aleta caudal de perfil posterior recto.[2]

Hábitat e bioloxía

 src=
Pinto (debaixo) e maragota (arriba)

Nas costas atlánticas medias atópanse escondidos baixo algas ou en buratos. Non son demasiado bravos e si curiosos, o que os fai vulnerables respecto dos cazadores submarinos.

Aliméntanse principalmente de pequenos moluscos (mexillóns en especial) que trituran entre as súas mandíbulas armadas de pequenos dentes ou os maiores, farínxeos. Os ourizos e pequenos caranguexos tamén forman parte importante da súa dieta, así como algas e miñocas.

No momento do nacemento, a maragota é sempre unha femia: mudará ou non de sexo en torno ós 10 anos de vida. Está presente en dúas coloracións principais, a verde-acastañanada (chamada maragota) e a vermella con manchas brancas (chamados pintos) [3]. A existencia destas dúas coloracións non corresponde a un dimorfismo femias/machos, como noutras especies da familia, nin ten nada que ver co estado de madurez. A posta ten lugar entre xaneiro e abril. Os machos nesta época dominan un pequeno territorio a onde acudirán as femias. Estas son as encargadas de limpar e axeitar unha pequena parte da pedra onde posteriormente irán depositando os ovos en pequenos lotes, que o macho irá fertilizando.

Son peixes extremadamente sedentarios, ocupando unha área moi pequena ó longo do ano. Ademais, son peixes lonxevos que poden chegar ós 25-30 anos de vida.

Interese pesqueiro e comercial

Ten fama de peixe espiñento e polo tanto pouco apreciado, porén a maragota substitúe con frecuencia ao abadexo e ao bacallau fresco. Péscase en litorais rochosos e pouco profundos, xeralmente en augas limpas, capturándose ó trasmallo.[3].

En Galicia

O nome máis corrente é maragota compartido co portugués, e que esporadicamente pode aplicarse a outros lábridos, aínda que en xeral con determinante diferenciador. Outros son: bicuda (dito máis da pequena), botúa, ferrola, martela (a pequena), pinto e vello (cfr. francés vieille). Bodión ou budión son tamén sinónimos nalgúns portos, pero que se aplica de xeito máis xeral a outro lábrido, o Labrus merula [4].

A designación maragota en castelán é probablemente un préstamo galego ou portugués. O étimo non está claro.[5]

 src=
Detalle da cabeza.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maragota.
  2. Estévez, Xosé Manuel, Maragota, s.v., in Gran Enciclopedia Gallega, t. XX.
  3. 3,0 3,1 Guía do consumidor de peixe fresco, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sen data (pero editado en 1999), px. 101.
  4. Ríos Panisse, Mª del Carmen, Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I, Invertebrados y peces. Santiago. 1977, páxs. 328-330).
  5. "Etim. Palabras de origen desconocido. Se trata de una palabra especialmente viva en el NO de la Península (como lo demuestran sus treinta y pico documentaciones) y en Portugal, donde no conozco exactamente la frecuencia con que aparece, pero sí las formas: margota, moragota y maragota. Ocasionalmente también aparece fuera de estas áreas: en Asturias, en Santander y en Andalucía (en San Fernando; v. para esta última doc., Alvar, "Ictionimia" 94). Es, por lo tanto, probable que se trate de un préstamo gallego-portugués fuera de esta área. Aunque no es sorprendente, Machado ignora la palabra. Lo inismo GdD. Corominas con razón, puesto que no es castellana" (Ríos Panisse, pp. 329-330).

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Maragota: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Maragota

A maragota (Labrus bergylta, Ascanius 1767) é un peixe de mar da familia dos Lábridos. Vive en augas costeiras (até uns 50 m de profundidade) e pódese atopar no Mediterráneo occidental, no Océano Atlántico e, no norte, até a parte oeste do Mar Báltico.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician